LINGUA
Ábrese o prazo para que os centros escolares participen no Conto Viaxeiro
O alcalde, Martiño Noriega, presentou a cuarta edición do Conto viaxeiro, organizado polo Departamento de Lingua e dirixido a alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria. Grazas a este conto colectivo, os/as escolares da cidade achegaranse á literatura oral e escrita, estimularán a súa creatividade artística e participarán en espazos lúdicos que promoverán a expresión e a expresividade en galego.
ALCALDÍA
Recepción do alcalde á consul de Uruguai, María del Huerto Arcaus
O alcalde, Martiño Noriega, recibiu a cónsul xeral de Uruguai en Galicia, María del Huerto Arcaus Sánchez.
ALCALDÍA
Martiño Noriega participa na tradicional poxa da unllas de San Lázaro
O alcalde de Santiago sumouse esta mañá á festividade de San Lázaro, que se celebra no barrio do mesmo nome. Este mediodía, Martiño Noriega participou na poxa das unllas, unha das citas máis tradicionais destes festexos.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Expostas as listaxes de reserva, traslados e vacantes das escolas infantís municipais
Rematado o período de presentación de solicitude e revisadas as reservas de praza, dende hoxe luns, 14 de marzo, está a exposición pública nos taboleiros de anuncios do Concello de Santiago, nos das escolas infantís municipais e nesta web municipal a lista de reservas, traslados e o número de prazas vacantes por unidades nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños para o curso 2016-2017.
CONSORCIO
Os alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais ofrecen un novo concerto no Paraninfo da Universidade de Santiago
No marco do programa A Escola na Cidade, que promove a Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), este martes, 15 de marzo, ofrécese un novo concerto protagonizado polos alumnos do curso de posgrao do centro. Terá lugar ás 20:30 horas no Paraninfo da Universidade de Santiago, na Facultade de Xeografía e Historia. A entrada é gratuíta ata completar aforo. A duración estimada desta actuación é dunha hora e media.
ALCALDÍA
O Concello de Santiago asina un convenio coa Xunta e "La Caixa" para a atención á infancia en situación de vulnerabilidade
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega; o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela; o director corporativo da Área Social da Fundación "La Caixa", Marc Simón; e o director da Área de Negocio de CaixaBank en Santiago, Antonio Lema, asinaron esta tarde un convenio de colaboración para abordar a pobreza infantil na cidade.