XUNTA DE GOBERNO
Ábrese a inscrición nas actividades con límite de praza dos centros socioculturais para o último trimestre do ano
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, deu conta dos asuntos tratados na sesión extraordinaria da Xunta de Goberno. Entre eles figurou o calendario de actividades dos centros socioculturais para os últimos meses do ano e varios convenios con entidades sociais.
CONVIVENCIA
Recoméndase evitar no posible o uso do vehículo nesta xornada de tractorada, que arrancou dende Salgueiriños ás 14:15 horas
"Non é un día para moverse en coche e para depender do transporte público", indicou o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, a propósito da xornada de concentración de tractores prevista para a xornada deste luns en Santiago. A concentración dende Salgueiriños arrancou ás 14:15 horas, dúas horas máis tarde da hora inicialmente prevista.
MEDIO AMBIENTE E CONVIVENCIA
Conferencia aberta da profesora Lucie Sauvé, unha das máximas referentes da educación ambiental a nivel mundial
O Concello de Santiago colabora na conferencia prevista para o vindeiro xoves, 10 de setembro, da profesora Lucie Sauvé, catedrática de Educación Ambiental na Universidade de Quebec (Canadá). A sesión, titulada "Educación Ambiental e Ecocidadanía: un reto cosmopolítico", terá lugar ás 19:00 horas no auditorio da Biblioteca Pública Ánxel Casal, con entrada de balde.
COMERCIO
Este venres remata o prazo para presentarse ás axudas a empresas e comercios do programa Urbana Santiago Norte
O día 11 setembro remata o prazo para presentarse ás diferentes liñas de axudas para a dinamización económica e comercial nos barrios ubicados dentro do programa Urbana Norte, proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Hai catro liñas de axudas distintas dirixidas a persoas emprendedoras, empresas xa en funcionamento e pequenos comercios. Para o conxunto das catro liñas de axudas dedícanse 160.000 euros.
ALCALDÍA
Santiago colaborará na organización do segundo encontro "Cidades polo Ben Común"
O alcalde de Santiago participou nun encontro en Barcelona cos rexedores da Cidade Condal, A Coruña, Madrid, Zaragoza, Cádiz, València, Iruña e Badalona. O diálogo artellouse en torno a tres eixos temáticos como foro a participación, a vivenda e a comunicación. Ademais plantexouse outro gran eixo más amplo no que os representantes locais partillaron as experiencias das primeiras semanas de goberno, cos éxitos e barreiras atopadas.
ACCIÓN CULTURAL
Producións Excéntricas presenta de novo "Da Vinci tiña razón!" no Teatro Principal
Producións Teatrais Excéntricas presenta de novo no Teatro Principal Da Vinci tiña razón!, do dramaturgo Roland Topor. Será con tres funcións este martes e de novo mércores e xoves a partir das 20:30 horas. As entradas poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal, que está aberto de 18:00 a 21:00 horas.
PLENO
O Concello de Santiago mostra a súa disposición a colaborar de forma activa na acollida de refuxiados
O Pleno da Corporación aprobou por unanimidade unha declaración institucional relativa á crise humanitaria e ao acollemento das persoas que buscan refuxio en Europa. Na sesión tamén se aprobou unha moción de apoio ao sector lácteo e fixáronse os festivos locais para o ano 2016.