ACCIÓN CULTURAL
Redrum Teatro estrea "Noiteboa" no Teatro Principal de Santiago
Este xoves 17, venres 18, sábado 19 e domingo 20 de setembro, o Teatro Principal de Santiago de Compostela acollerá a estrea de Noiteboa, o novo espectáculo da compañía compostelá Redrum Teatro. As funcións serán ás 20:30 horas e as entradas poden mercarse no despacho de billetes do Principal (de 18:00 a 21:00 horas, de martes a sábado e días de evento), no 902 434 443 ou en entradas.abanca.com. O prezo é de 10 euros (7 € no anfiteatro).
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Constituída a Mesa polo Emprego, que marca coma obxectivo o deseño dun plan estratéxico para combater o desemprego na cidade
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presidiron a constitución da Mesa polo Emprego de Santiago de Compostela, que reúne aos axentes sociais e económicos implicados nesta materia, como Universidade de Santiago, sindicatos, Cámara de Comercio, Plataforma polo Emprego, Asociación Hostalería Compostela e Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre.
MOCIDADE
Prácticas formativas para mozos e mozas menores de 25 anos en empresas de Reino Unido, Italia e Portugal
A Concellaría de Mocidade colabora coa asociación Erasmus Compostela, que vén de convocar 20 estadías prácticas formativas en empresas, de dous meses de duración, en Reino Unido, Italia e Portugal para mozos e mozas de menos de 25 anos.
ALCALDÍA
Encontro do alcalde coa Asociación de Veciños Casa Agraria (Meixonfrío)
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, continúa coa súa rolda de contactos coas asociacións veciñais. Desta vez reuniuse coa Asociación de Veciños Casa Agraria, de Meixonfrío.
CONSORCIO
Seguen os concertos nos barrios da Real Filharmonía de Galicia
O Consorcio de Santiago está a promover o achegamento da Real Filharmonía de Galicia e a música clásica aos cidadáns. Con esta filosofía, durante toda esta semana estanse a celebrar concertos gratuítos en barrios significativos da cidade compostelá, ao aire libre, aínda que están previstos espazos alternativos para os días que choiva. A batuta lévaa o mestre holandés afincado en Galicia Bram Sniekers, director artístico do Conservatorio Profesional de Música de Lalín e director da...
TURISMO
As cidades Patrimonio presentan a súa oferta turística na República Checa
A sede do Instituto Cervantes de Praga foi o escenario no que as 15 Cidades Patrimonio da Humanidade de España presentaron a súa oferta turística e cultural na República Checa. O acto foi organizado por Turespaña e o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, en colaboración co Instituto Cervantes.
MEDIO AMBIENTE
Desconvocada a folga da recollida do lixo
O comité de empresa de Urbaser e a dirección da empresa chegaron esta mañá a un principio de acordo, que terá que se ratificado en asemblea, e que permite suspender a folga indefinida da recollida do lixo convocada para o próximo domingo. A decisión chega despois de varias reunións entre as partes, nas que o Goberno local exerceu como mediador.