ACCIÓN CULTURAL
Pistacatro Produtora de Soños presenta "Fair Play" nunha nova xornada de Verán na Rúa
Nova xornada do programa Verán na rúa. Este martes 11 de agosto, ás 19:30 horas, na praza da Quintana, Pistacatro Produtora de Soños presenta Fair Play, un espectáculo que forma parte do circuíto cultural e de lecer Cultura no Camiño, promovido pola Xunta de Galicia con motivo do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela e patrocinado por Turismo de Galicia e Agadic.
MEDIO RURAL
Martiño Noriega reclama "políticas activas a medio prazo e de prevención" que permitan "a posta en valor do monte"
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega e o concelleiro de Medio Rural e Equilibrio Territorial, Rafael Peña, deron conta dos incendios producidos esta fin de semana no termo municipal. En particular, destacaron o de onte domingo na parroquia de Figueiras, que deixou un balance dunhas 50 hectáreas queimadas.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago adxudica a restauración das reixas das ventás da fachada principal do convento de Santa Clara
O Consorcio de Santiago adxudicou a intervención no enreixado das ventás da fachada principal do convento de Santa Clara á firma Construcciones y Rehabilitaciones Torres Cambre, S.L. A obra, cun prazo de execución estimado de tres meses, ten un orzamento global de 40.931,98 euros.