ALCALDÍA
Agustín Hernández recibiu o alcalde do municipio mexicano de Aguascalientes
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibiu o alcalde do municipio de Aguascalientes (México), Juan Antonio Martín del Campo.
ECONOMÍA
O Concello dedica 65.000 euros a subvencións empresariais no programa Urbana Santiago Norte
A concelleira de Economía, Reyes Leis, presentou no Pazo de Raxoi o programa de axudas á creación e modernización de empresas dentro do proxecto Urbano Santiago Norte, dotado cun orzamento de 65.000 euros. Estas axudas enmárcanse nunha iniciativa máis ampla, denominada Mellorar e medrar en Santiago Norte, que se desenvolverá nos meses de outubro e novembro e que está cofinanciada pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
EDUCACIÓN
O Grupo de Cidades Patrimonio presenta a segunda edición do programa pedagóxico para escolares "Aula de Patrimonio"
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España convoca a segunda edición do programa pedagóxico Aula de Patrimonio, coincidindo co inicio do curso escolar 2014-2015. O obxectivo desta actividade, na que participaron preto de 400 alumnos na súa anterior edición, é que os mozos que viven e estudan nas Cidades Patrimonio aprendan a coñecer e valorar non só a súa propia cidade, senón o resto de cidades que ostentan o mesmo título outorgado pola UNESCO, todo iso a través da realización de...
CULTURA
Laurent Naouri clausura o XV Ciclo de Lied no seu primeiro concerto en Galicia
O XV Ciclo de Lied chega ao seu fin este martes 30 de setembro cun concerto moi especial, xa que se trata da primeira vez que poderemos escoitar en Galicia ao barítono parisiense Laurent Naouri. Naouri presenta o programa A chanson francesa e os seus poetas a partir das 20:30 horas no Teatro Principal, acompañado ao piano por Roger Vignoles. As entradas para este concerto teñen un prezo de 8 euros e poden mercase no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21:00 horas), en
ALCALDÍA
O alcalde asistiu á inauguración do curso 2014-2015 do Colexio Manuel Peleteiro
O Colexio Manuel Peleteiro celebrou o acto oficial de inauguración do curso académico 2014-2015. O alcalde compostelán, Agustín Hernández, participou no evento.
ALCALDÍA
Reunión de Agustín Hernández coa Asociación de Veciños de San Lázaro
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, continúa coa rolda de contactos coas asociacións veciñais dos barrios e parroquias de Santiago. Desta vez foi a Asociación de Veciños de San Lázaro a que pasou polo Pazo de Raxoi.