ALCALDÍA
O alcalde destaca que Compostela Gastronómica nace con tres valores diferenciais: o produto galego, a Praza de Abastos e os nosos cociñeiros
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, inaugurou Compostela Gastronómica, Festival da Cociña Galega, nun acto celebrado na Praza de Abastos e ao que tamén asistiron a conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis. O obxectivo do evento, organizado por Turismo de Santiago, é amosar as posibilidades dos produtos e da restauración de Galicia como atractivos turísticos. Para isto empregarase o Mercado de Abastos como plataforma de promoción xa que, ao mesmo tempo, é o...
ALCALDÍA
O alcalde reitera a necesidade de impulsar a protección do patrimonio colectivo
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, deu a benvida a Santiago aos directivos da International National Trust Organisation (INTO), procedentes de varios países, que chegaron á praza do Obradoiro tras completar o último tramo do Camiño Inglés dende Sigüeiro.
XUNTA DE GOBERNO
Agustín Hernández agarda que a nova praza de Angrois poida estar lista a finais de ano
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, deu conta en rolda de prensa dos asuntos tratados na reunión semanal da Xunta de Goberno. Dous deles estaban relacionados coa próxima construción dunha praza e dun parque público no barrio de Angrois.
DEPORTES
Arrancou no Castiñeiriño unha nova edición da Volta Ciclista a Galicia
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, cortou a cinta de saída da XIII Volta Ciclista a Galicia, con saída no Castiñeiriño. Posteriormente, a concelleira de Deportes, María José Corral, asistiu en Teo á entrega de premios.
ALCALDÍA
Principio de acordo para que a liña de alta tensión non pase pola aldea de Coira (Laraño)
Os concellos de Santiago e de Ames e ADIF veñen de chegar a un principio de acordo para que a liña de alta tensión non pase pola aldea de Coira (Laraño), segundo se avanzou na segunda reunión técnica que tivo lugar onte e na que participaron representantes das diferentes administracións.
ALCALDÍA
Lucía Freitas e Iago Castrillón, protagonistas da primeira xornada para profesionais e afeccionados de Compostela Gastronómica
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu na aula gastronómica da Praza de Abastos ao relatorio A espontaneidade na cociña, a cargo dos chefs Lucía Freitas e Iago Castrillón, de A Tafona e Acio, respectivamente, dentro de Compostela Gastronómica, Festival da Cociña Galega, que se celebra do 19 ao 28 de setembro.
ALCALDÍA
A Real Filharmonía iniciou nova temporada
A Real Filharmonía de Galicia (RFG) arrancou a súa nova temporada cunha homenaxe á ópera. O alcalde compostelán, Agustín Hernández, asistiu ao concerto.
CULTURA
Nani García presenta o seu novo disco, "Serendipia", dentro do ciclo Sons’14 Jazz
Tras a súa primeira publicación en trío, "Renaissance", Nani García estrea o seu segundo traballo con esta formación. Simón García no contrabaixo e Miguel Cabana na batería acompañan de novo a Nani nunha proposta orgánica baseada nas súas propias composicións, o que lle confire ao trío un son moi especial, orixinal e contundente. Trátase de Serendipia e poderemos escoitalo este sábado, a partir das 21:00 horas, no Teatro Principal. As entradas, a un prezo de 10 euros...
CULTURA
Izal, Peter Broderick, Cápsula, Pablo und Destruktion, La M.O.D.A., Heavy Tiger, Arizona Baby, Elefantes e Supersubmarina no Compostela Rock 2014
O ciclo Compostela Rock, un xa dos máis consolidados da programación cultural da cidade, retoma as súas propostas tras o verán o vindeiro xoves, 25 de setembro. Será con Izal e tras el poderemos escoitar a Peter Broderick, Cápsula, Pablo und Destruktion, La M.O.D.A., Heavy Tiger, Arizona Baby, Elefantes e Supersubmarina. Todos na Sala Capitol. As entradas para todos os concertos poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal, que está aberto de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas. Ademais, despois cada concerto ten outros...