CENTROS SOCIOCULTURAIS
Visita guiada a Sogama no marco da campaña "Separemos ben, reciclaremos mellor"
O Concello de Santiago participa na terceira campaña educativa Separemos ben, reciclaremos mellor, promovida pola Conselleria de Medio ambiente e Sogama, contando coa colaboración e apoio de Ecoembes, Ecovidrio e dos sistemas integrados de xestión de pilas (Ecopilas, Ecolec e ERP). A pretensión da campaña e o incremento das taxas de reciclado en Galicia e a formación da veciñanza na xestión dos refugallos urbanos.
XUNTA DE GOBERNO
O obradoiro Ecotur Santiago II permitirá empregar a 45 persoas e crear un centro BTT na antiga escola da Susana
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, deu conta das solicitudes de varias subvencións aprobadas na Xunta de Goberno Local. Entre elas, destacou a referida ao obradoiro de emprego Ecotur Santiago II, grazas ao cal se dará emprego a 45 persoas e que permitirá a creación dun centro BTT na antiga escola unitaria da Susana.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobado o proxecto de mellora do pavimento no SUNP-13 do Castiñeiriño
A Xunta de Goberno aprobou o proxecto de urbanización para a mellora do pavimento no SUNP-13 do Castiñeiriño, no ámbito do vieiro autonómico en dirección á Estrada. Segundo explicou o alcalde, Agustín Hernández, esta actuación ten por obxecto resolver as deficiencias que presenta o pavimento resultante das obras de urbanización nesta zona. As obras, cun orzamento previsto de 59.630 euros, serán executadas con cargo ao aval constituído pola entidade O Combarro Cooperativa Galega de Vivendas.
XUNTA DE GOBERNO
Apertura en marzo da admisión nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños
A Xunta de Goberno Municipal aprobou a apertura dos prazos de admisión e de matrícula nas escolas infantís de Conxo, das Fontiñas e de Meixonfrío-Salgueiriños para o curso 2015-2016.
FACENDA
Os contribuíntes teñen ata o 28 de febreiro para solicitar o pagamento en tres prazos do IBI deste exercicio 2105
O concelleiro de Facenda, Ramón Quiroga, presentou a campaña mediante a que se anima os composteláns a acollerse ao pagamento fraccionado do Imposto de Bens Inmobles (IBI). Os contribuíntes teñen ata o 28 de febreiro para acollerse a esta modalidade de pago en tres prazos, da que se benefician xa 5.000 contribuíntes. O obxectivo municipal é chegar aos 10.000 neste 2015.
CULTURA
Chega ao Teatro Principal "O Crédito", con Morris e Pedro Alonso, dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués
A concelleira de Cultura, María Antón, o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, Antonio Durán "Morris" e a produtora Mercedes Castro presentaron en rolda de prensa a última montaxe teatral de Eme2 e Tanttaka, a comedia bancaria O Crédito, que chega a Compostela do 18 ao 22 de febreiro. Será no Teatro Principal, dentro do Bono de Teatro Galego, ás 20:30 horas todos os días agás o domingo, que será ás 20:00 horas.
CULTURA
Iñaki Miramón e Toni Acosta presentan "De mutuo desacuerdo" en Compostela
Os actores Iñaki Miramón e Toni Acosta protagonizan De mutuo desacuerdo, comedia dirixida por Quino Falero, que chega este venres a Compostela dentro do Ciclo de Teatro 2015. Poderá verse ás 20:30 horas no Auditorio Abanca e as entradas teñen un prezo de 18 € en patio de butacas e anfiteatro 1 e 15 € no anfiteatro 2. Poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal aberto de 18:00 a 21:00 horas; no 902 434 443; en entradas.abanca.com ou no propio Auditorio Abanca o día do.../em>
CENTROS SOCIOCULTURAIS E RELACIÓNS VECIÑAIS
Cita de Entroido co programa "Imos ao baile"
Este sábado 14 de febrero, as 20:30 horas, no Local Sociocultural da Gracia (San Silvestre, 6 – A Gracia), sesión do programa Imos ao baile, promovido polos departamentos de Centros Socioculturais e de Relación Veciñais.
CONSORCIO
A Casa do Cabido volve proxectar a imaxe invertida da Torre do Reloxo da Catedral
O Consorcio de Santiago convida a todos os cidadáns e visitantes a asistir a un curioso espectáculo na Casa do Cabido, na praza das Praterías. Na segunda planta do edificio, os interesados terán a oportunidade de ver, en total escuridade, a imaxe da Torre do Reloxo da Catedral proxectada de xeito invertido nas paredes do interior do inmoble. Será dende este xoves, día 12, ata o vindeiro mércores 18 de febreiro, agás o luns, xa que a Casa do Cabido permanece pechada como é habitual.
ALCALDÍA
O alcalde reitera a aposta municipal pola introdución de criterios de eficiencia e sustentabilidade na contratación pública
O alcalde de Santiago asistiu á inauguración da II Xornada sobre Aforro e Eficiencia en Instalacións Industriais, organizada pola delegación compostelá do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) en colaboración coa revista galega de enerxía Dínamo Técnica. Na súa intervención, Agustín Hernández reivindicou as medidas postas en marcha no Concello en materia de innovación co fin de incrementar os niveis de eficiencia enerxética e sostibilidade.