CONSORCIO
O Consorcio de Santiago saca a concurso a restauración das reixas das ventás da fachada principal do convento de Santa Clara
O Consorcio de Santiago licita a intervención no enreixado das ventás da fachada principal do convento de Santa Clara. A obra, cun prazo de execución estimado de tres meses, sae a concurso público por un importe de 49.917,04 euros. As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o día 8 de xuño.
CONSORCIO
O 25 de maio remata a inscrición no curso de posgrao de especialización orquestral
O Curso Avanzado de Especialización Orquestral (CAEO) impártese na Escola de Altos Estudos Musicais, en Santiago, e está recoñecido como título propio de posgrao pola Universidade de Santiago. Diríxese a músicos instrumentistas con titulación superior que teñan como meta adquirir a formación e a experiencia necesarias para integrarse nunha orquestra profesional.
CULTURA
O parisiense Alexandre Tharaud clausura o VII Ciclo de Piano Ángel Brage
O pianista parisiense Alexandre Tharaud, ao que teremos por vez primeira en Santiago, clausura o VII Ciclo de Piano Ángel Brage. Será este xoves 14 de maio, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia, nun concerto enmarcado tamén dentro do Programa de Abono do Auditorio. As entradas para Tharaud teñen un prezo de 12 euros e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal, en entradas.abanca.com, no 902 434 443 ou o propio día do concerto no Auditorio de Galicia dende as 18:00 horas.
EDUCACIÓN
O Auditorio de Galicia acolle este domingo o X Certame de Danza Intercentros
Este domingo, a partir das 19:00 horas, celebrarase na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia a décima edición do Certame de danza Intercentros, que esta mañá foi presentado pola concelleira de Educación, Maite Cancelo. O evento, enmarcado no programa Compostela en Danza, está promovido polo Concello de Santiago en colaboración con diferentes centros de ensino do municipio.
CULTURA
María Antón participou no acto literario da USC con motivo do Día das Letras Galegas
A concelleira de Cultura, María Antón asistiu no Pazo de Fonseca, ao acto literario organizado pola Universidade de Santiago con motivo da celebración do Día das Letras Galegas. Durante o mesmo, o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, pronunciou a conferencia Filgueira Valverde e a USC antes e despois de 1936.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Os centros socioculturais celebran as Letras Galegas 2015 cunha programación especial
Os centros socioculturais de Santiago conmemoran o Día das Letras galegas 2015 coa posta en marcha dunha programación especial durante toda a semana, na que teñen cabida diferentes actividades relacionadas coa lectura.
FESTAS
La Pegatina e a orquestra Combo Dominicano, protagonistas da primeira velada das Festas da Ascensión 2015
Mañá mércores arrancan as Festas da Ascensión 2015 cunha ampla programación de actividades dirixidas a tódolos públicos ata o domingo 17.
CONSORCIO
Alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais ofrecerán dous concertos para adultos e nenos hospitalizados no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago
Os alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral da Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) protagonizan varios concertos de música de cámara con fins sociais ao longo do ano. Así, este mércores ofrecerán dúas actuacións no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Ambas citas musicais terán lugar ás 12:00 horas.
COMERCIO
Composteláns e visitantes coñeceron as novidades do comercio da cidade na exitosa terceira edición da xornada Estrea Estilo
Estrea Estilo, a iniciativa de dinamización comercial promovida Concellaría de Comercio, superou o grande éxito de edicións anteriores, reunindo o pasado domingo no Pazo de San Lourenzo a miles de composteláns e visitantes para coñecer as novidades do comercio da cidade. O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, achegouse tamén ata o recinto e puido comprobar o bo ritmo de asistencia e vendas do evento.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
"Asturias Verdemar", nova viaxe do programa municipal Imos de Excursión 2015
O programa Imos de excursión 2015 segue coa súa programación a través dos centros socioculturais coa organización dunha viaxe a Asturias os próximos días 6 e 7 de xuño. As persoas interesadas en participar nesta nova visita poderán apuntarse a partir deste martes 12 de maio, dende as 17:00 horas, nos centros socioculturais.