ALCALDÍA
Martiño Noriega recibe os alcaldes de Granollers e de Rivas Vaciamadrid, pertencentes á Rede de Alcaldes pola Paz
O alcalde de Santiago mantivo unha xuntanza este mediodía cos rexedores de Granollers, Josep Mayoral, e de Rivas Vaciamadrid, Pedro del Cura. Ambos son integrantes da Rede de Alcaldes pola Paz, vicepresidente e coordinador respectivamente, e están en Santiago para participar da xornada Cultura de Paz, seguridade e desarmamento que organiza o Seminario Galego de Educación para a Paz.
FESTAS
Os mercados de Nadal e da Estrela, o carrusel, a pista de xeo e o bosque máxico botan a andar esta fin de semana
Arranca o Nadal en Compostela coa posta en funcionamento de numerosas actividades durante a fin de semana. Este venres inaugurouse o Belén Tradicional de San Fiz, localizado na igrexa que leva o mesmo nome e que foi recentemente restaurado polo Consorcio. Consta de 200 pezas elaboradas artesanalmente e estará iluminado. Xunto a el este ano cobra maior protagonismo a nave 5 da Praza de Abastos, lugar escollido para a celebración do Mercado de Nadal dende o venres 11 de decembro ata o 5 de xaneiro, de luns a venres de 11:00 a 15:00 e de 17:00 a 21:00 horas, e os...
ACCIÓN CULTURAL
"O traxe popular feminino en Compostela na obra de Carlos Maside" e "1001 cantigas para o traxe" gañan o XXI Premio Antonio Fraguas
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, entregou esta tarde os galardóns do XXI Premio de Investigación Antonio Fraguas sobre o Traxe Galego nun acto celebrado no Salón Nobre do Pazo de Raxoi.
IGUALDADE
Minuto de silencio no Obradoiro polas últimas dúas vítimas da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar os últimos asasinatos machistas, que deixaron dúas vítimas no Estado nos últimos días.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O alcalde participa na celebración en Santiago do Día Universal dos Dereitos Humanos
O alcalde participou esta mañá no acto organizado pola Concellería de Educación e Cidadanía para conmemorar o Día Universal dos Dereitos Humanos. Martiño Noriega asistiu, no Auditorio Abanca da rúa do Preguntoiro, á lectura ininterrompida dos 30 artigos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, asinada hai 67 anos.
ALCALDÍA
O Concello e a Asociación de Autónomos de Galicia retoman a súa colaboración
O Concello de Santiago retomou hoxe as súas relacións coa Asociación Autónomos de Galicia (Auga), que quedaran "practicamente suprimidas durante a pasada lexislatura". Así o sinalou o voceiro do colectivo, Lisardo Domínguez, ao remate da reunión que mantivo no Pazo de Raxoi co alcalde compostelán. Martiño Noriega amosou a súa vontade de reanudar a colaboración e, nesa liña, avanzou que se manterán próximos encontros entre a Asociación e a Concellaría de Desenvolvemento...
ACCIÓN CULTURAL
"Menú do día", con Carlos Blanco e Luis Davila, e "Sushi gratis", de Funboa Escénica, próximas propostas teatrais
Dentro do programa de Teatro da Concellaría de Acción Cultural, a vindeira semana teremos dúas propostas. Martes e mércores chegará ao Teatro Principal o Menú do día dos humoristas Carlos Blanco e Luis Davila. Ofrecerán unha función o martes 16, ás 20:30 horas, e dúas o mércores 16, ás 20:30 e ás 23:00 horas, con entradas a 10 euros (7 € no anfiteatro). Xa o xoves poderemos ver a proposta de Funboa Escénica, Sushi gratis, da man de Cristina Balboa e Lúa.../em>
SAÚDE
Santiago firma un manifesto para defender que os municipios poidan promover a saúde
O Pleno municipal votou a favor de que Santiago se adherise a un manifesto para defender que os municipios poidan promover a saúde. Ademais da nosa cidade, foi asinado polos concellos de Madrid, A Coruña, Zaragoza, Cádiz e Barcelona.
ACCIÓN CULTURAL
Abrapalabra presenta "As do peixe", unha comedia de Cándido Pazó, no Principal
A compañía Abrapalabra Creacións Escénicas ofrecerá no Teatro Principal dúas funcións de As do peixe, unha comedia con texto orixinal de Cándido Pazó. Será este mércores 9 e de novo o xoves 10, ás 20:30 horas, dentro da programación de teatro da Concellaría de Acción Cultural.
ALCALDÍA
O alcalde fai un chamamento á implicación do sector privado para salvar o Santiago Futsal
O alcalde recibiu esta mañá ao presidente do Santiago Futsal, Ramón García, e ao director xeral do club, Miguel Fernández, para coñecer de primeira man a delicada situación económica pola que atravesa o equipo. Na xuntanza tamén participou a concelleira de Deporte, Noa Morales.