DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS
A Plataforma por Empresas Responsables reivindica en Santiago unha economía global xusta e sostible, coincidindo co I Encontro de Ministros de Economía da UE, Latinoamérica e Caribe
A Plataforma por Empresas Responsables (PER) celebrará os próximos días 13 e 14 en Santiago as xornadas "Por unha Economía Global Xusta e Sostible", coincidindo co primeiro Encontro de Ministros e Ministras de Economía e de Finanzas da UE, Latinoamérica e Caribe, que se celebrará na nosa cidade os próximos días 15 e 16, enmarcado na axenda da Presidencia española do Consello da Unión Europea. A primeira tenenta de alcaldesa e concelleira de Dereitos Sociais, María Rozas, presentou hoxe o foro,...
CONSORCIO
Aberto o prazo de inscrición para que os coros galegos participen no concerto participativo coa Real Filharmonía de Galicia
As agrupacións que o desexen poderán anotarse ata o día 15 para a actuación que terá lugar o 21 de decembro no Auditorio de Galicia.
DEPORTES
Concello de Santiago, USC e clubs deportivos de Compostela acordan as condicións de uso das instalacións universitarias
A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro; o delegado do reitor para o Deporte, Javier Rico; e representantes do Santiago Rugby Club, o E.D.S. Santa Marta e o Rácing San Lorenzo reúnense para optimizar a utilizacións dos espazos deportivos da USC.
ALCALDÍA
A alcaldesa aborda co rexedor de Ames os asuntos de interese para ambos municipios
Goretti Sanmartín e Blas García mantiveron un primeiro encontro institucional esta mañá no Pazo de Raxoi para abordar os asuntos que afectan á veciñanza de ambos municipios como a depuradora da Silvouta, o parque comarcal de bombeiros ou a senda que unirá Santiago co Milladoiro. Na xuntanza tamén participaron o concelleiro de Mobilidade, Xan Duro; a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, así como edís do Concello de Ames.
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas dúas mulleres asasinadas en Jaén e Sevilla o pasado 3 de setembro, vítimas de violencia machista.
CONVIVENCIA
A Policía Local auxilia un menor atragoado na praza do Obradoiro
Efectivos da Policía Local auxiliaron na praza do Obradoiro un neno de dous anos que sufriu un atragoamento mentres comía cos seus pais nun establecemento da rúa da Raíña. Grazas á rápida actuación da Policía Local, da ambulancia e dos servizos médicos do SERGAS no CHUS, o cativo puido recuperarse sen consecuencias.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba o proxecto de rehabilitación de firmes que inclúe nove rúas da cidade
A Xunta de Goberno local aprobou hoxe o proxecto técnico de "Rehabilitación de firmes de vías urbanas 2023", que conta cun orzamento de 385.535,10 euros, IVE engadido, e cun prazo de execución de catro meses. Tamén deu luz verde ao expediente de contratación do servizo de dinamización do Espazo Apego cun orzamento base de licitación de 223.686,55 euros. De todos os asuntos deu conta en rolda de prensa a alcaldesa Goretti Sanmartín.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicado o contrato para a restauración da contorna dos ríos Sar, Sarela e Vilar
A Xunta de Goberno adxudicou, nunha sesión extraordinaria, o contrato para a restauración da contorna dos ríos Sar, Sarela e Vilar, dentro do programa EDUSI-FEDER por un importe de 301.368,99 euros á empresa Eulogio Viñal Obras y Construcciones, S.A. ao ser a oferta máis vantaxosa das presentadas.
ALCALDÍA
Xuntanza do goberno coa Asociación veciñal Coto da Nai de Aríns
A alcaldesa, Goretti Sanmartín, acompañada pola concelleira de Medio Rural e Relacións Veciñais, Pilar Lueiro, e polos concelleiros de Vías e Obras e de Mobilidade, Xesús Domínguez e Xan Duro, mantivo unha xuntanza esta semana cos representantes da Asociación veciñal Coto da Nai de Aríns, José Cebey, Lucía Segundo e Castor Pereira.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Comeza o curso na Academia Maker e na Rede TIC 2
Durante os meses de setembro e outubro estos proxectos formarán de balde a cidadanía compostelá interesada en innovación, fabricación dixital e dixitalización.