EMPREGO

O Concello incorpora o programa FemCoders ao Plan Integrado de Emprego

10/05/2024

Un cento de mulleres desempregadas están a recibir formación e asesoramento no marco do Programa Integrado de Emprego que desenvolve o Concello de Santiago, a través da concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Ecoómica e Xuventude. A súa responsable, María Rozas, deu conta hoxe das actividades, que se desenvolven ata o mes de novembro. Entre elas destaca a acción FemCoders, unha actividade novidosa dirixida a reducir a fenda dixital de xénero no sector tecnolóxico.

Leer más

DEPORTES

Aberta ata o 14 de maio a inscrición para a X Carreira Camiño das Letras que conta co apoio do Concello de Santiago

10/05/2024

A X Carreira Camiño das Letras celebrarase o vindeiro 17 de maio con dúas rutas diferentes, unha de 15 km, que percorrerá a Ruta da Prata desde o Pico Sacro á Cidade da Cultura, e outra de 5 km, na propia contorna do Gaiás. Tamén haberá circuítos na Cidade da Cultura para a rapazada, que poderá participar nalgunha das catro categorías habilitadas por idades (de sub 6 a sub 16). As persoas participantes poden inscribirse ata o 14 de maio en www.carreirasgalegas.com e todas recibirán un libro de agasallo.

Leer más

ALCALDÍA

A alcaldesa de Santiago e o ministro de Economía chegan a un acordo para traballar por un cambio de usos nos terreos de Peleteiro e favorecer o uso residencial

10/05/2024

A alcaldesa, Goretti Sanmartín, acompañada polo concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, mantivo un encontro co ministro de Economía, Carlos Cuerpo, e coa secretaria xeral do Tesouro, Paula Conthe, no que acordaron traballar nunha nova proposta para os terreos de Peleteiro. Na reunión sentaron as bases para iniciar un traballo técnico encamiñado a cambiar a actual ordenación urbanística deste ámbito priorizando o uso residencial, promovendo a vivenda e dedicando unha parte importante a vivenda protexida.

Leer más

DEPORTES

Volve este domingo á Alameda a XXIII edición da Volta Ciclista da Ascensión

08/05/2024

A contorna da Alameda acollerá este domingo 12 de maio a XXIII edición da Volta Ciclista da Ascensión que comezará ás 10:00 horas, con saída e chegada na avenida de Xoán Carlos I. A carreira foi presentada esta mañá en rolda de prensa pola concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, e o presidente do Club Ciclista Compostelano, Abel Gómez.

Leer más

FESTAS

O concerto "Los 40 Santiago Pop" e a orquestra Panorama abren as Festas da Ascensión deste ano

08/05/2024

As festas compostelás por excelencia arrancarán mañá co concerto de "Los 40 Santiago Pop" que reunirá na praza da Quintana a partir das 21:00 h, figuras do panorama musical actual como David Otero, Bombai ou Lontreira. Seguirá a troula coa orquesta Panorama que ofrecerá o seu espectáculo a partir das 22:30 horas na praza do Obradoiro. Fillas de Cassandra e Billie Marten son outras das actuacións destacadas das Festas deste ano, así como a celebración da segunda edición do Composfest que...

Leer más

CAPITAL CULTURAL

‘Adictos’, con Lola Herrera, enche o patio de butacas do Auditorio de Galicia

07/05/2024

Pentación Espectáculos produce esta montaxe arredor da dependencia tecnolóxica con texto de Daniel Dicenta e Juanma Gómez, dirixida por Magüi Mira e cun elenco que completan Ana Labordeta e Lola Baldrich. A función, para a que xa se esgotaron todas as localidades dispoñibles, terá lugar este xoves día 9 de maio, ás 20.30 horas na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia.

Leer más
Compartir: