BARRIOS E OBRAS
A concellaría de Obras traballa nun novo proxecto de rexeneración asfáltica, xurdido das aportacións veciñais, que afectará a dez rúas da cidade
O concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández, presentou hoxe o anteproxecto de rexeneración asfáltica que permitirá renovar, nos próximos meses, dez rúas da cidade, que suman, en total, 24.268 metros cadrados de superficie. A proposta conta cun orzamento estimado de 421.734,31 euros.
CIDADES PATRIMONIO
As Cidades Patrimonio da Humanidade de España e México acordan fortalecer as súas relacións e fomentar a mutua colaboración
O presidente do GCPHE, Carlos García Carbayo, e a presidenta da Asociación Nacional de Cidades Mexicanas Patrimonio Mundial, Loredana Montes, rubrican unha carta de intencións para definir a cooperación de ambos os grupos, que se baseará no impulso de intercambios en materias culturais, experiencias exitosas, promoción turística e protección patrimonial.
EDUCACIÓN
O Eixo Atlántico celebra o seu V Seminario de Intercambio de Experiencias no Ámbito da Educación en Sarria
No Seminario, que contou cun importante número de participantes de Galicia e Portugal, presentáronse proxectos sobre educación patrimonial, cidadanía, saúde mental ou competencias socioemocionais. O concelleiro de Educación, Rubén Prol, e a directora do Departamento de Educación, Beatriz Morales, compartiron as diferentes iniciativas levadas a cabo polo Concello de Santiago en materia de educación patrimonial e cidadanía.
EDUCACIÓN
O Auditorio de Galicia acollerá o concerto de fin de curso da EMM e o XV Certame de Danza Intercentros os vindeiros 19 e o 21 de xuño
O concelleiro de Educación, Rubén Prol, acompañado pola directora do Departamento de Educuación, o director da Escola Municipal de Música, Fernando Rey, e a coordinadora do Certame de Danza, Beatriz Viñal, presentou esta mañá en rolda de prensa o concerto de fin de curso da EMM "A Movida chega á Escola" e o XV Certame de Danza Intercentros, que terán lugar respectivamente o 19 e o 21 de xuño no Auditorio de Galicia.
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música presenta a programación de verán
Hoxe 14 de xuño ábrese o prazo de inscrición para todas aquelas persoas interesadas en participar no Obradoiro de produción musical, impartido polo compositor Adrián Saavedra, e no Laboratorio sonoro de verán, dirixido á cativada de entre 3 e 12 anos. O prazo de inscrición pechará o vindeiro luns 20 de xuño.
MEDIO AMBIENTE
Aríns contará cun espazo verde de 32 hectáreas tras a selaxe e clausura do antigo vertedoiro
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e os concelleiros de Medio Ambiente, Mila Castro, e de Medio Rural, José Manuel Pichel, visitaron esta mañá o terreo do antigo vertedoiro de residuos inertes de Aríns (lugar de Fornás), que se convertirá nun espazo verde tras os traballos de selaxe e clausura nos que se investiron preto de 1 millón de euros.
POLÍTICAS SOCIAIS
A praza do Obradoiro acolle a lectura do manifesto con motivo do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas
Hoxe, 14 de xuño, celébrase o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas e con tal motivo deuse lectura a un manifesto na praza do Obradoiro nun acto organizado pola Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela ao que asistiron o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro; a voceira do BNG, Goretti Sanmartín; o concelleira de CA Xan Duro; e o concelleiro do grupo municipal popular, Pedro Rey.
IGUALDADE, TURISMO E COMERCIO
Santiago amosa o seu compromiso coa realidade LGTBI cunha nova edición de Compostela Diversa
Máis de 200 establecementos comerciais, hoteleiros e hostaleiros da cidade participan na campaña de difusión e visualización da realidade LGTBI.
ALCALDÍA
Visita institucional do presidente do Senado, Ander Gil
O alcalde Xosé Sánchez Bugallo, acompañado por representantes dos grupos municipais, recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi o presidente do Senado de España, Ander Gil García, no marco da súa visita oficial a Galicia.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba obras en varias parroquias do rural por máis de 300.000 euros e tres novas convocatorias para axudas á rehabilitación de vivendas
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, deu conta en rolda de prensa dos asuntos tratados na sesión ordinaria da Xunta de Goberno, na que, ademais de aprobar o inicio de varios expediente de contratación para realizar obras no rural por máis de 300.000 euros, se deu luz verde a tres convocatorias de axudas á rehabilitación de vivendas en Vista Alegre, Casco Histórico e en Pontepedriña cun orzamento global de 900.000 euros. Tamén se acordou iniciar os trámites para a recepción da obra de selado do...