XUNTA DE GOBERNO

A empresa das obras na Pastoriza retomará a pavimentación en canto reciba a pedra acorde á resistencia e calidade que figuran no contrato

12/01/2024

A empresa contratista das obras da Pastoriza, para proseguir cos labores de pavimentación, está agardando pola recepción de novos materiais coa resistencia adecuada, porque os subministrados inicialmente non reunían as calidades que figuran no proxecto. Ten como previsión retomar esta intervención na semana do 22 de xaneiro e o Concello velará para que se cumpran os prazos.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

O Concello premia as persoas máis lectoras das bibliotecas municipais

11/01/2024

Con motivo do Día das Persoas Usuarias das Bibliotecas en Galicia, este 11 de xaneiro, o Concello de Santiago premiou esta tarde as persoas lectoras máis activas das bibliotecas dos Centros Socioculturais de Vite, Conxo, Fontiñas e Santa Marta, tanto por libre como no marco da iniciativa '12 meses, 12 libros'. O acto de entrega de premios estivo presidido pola alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e contaou coa presenza do concelleiro de CSC, Xan Duro, e de varios membros da Corporación municipal.

Leer más

COMERCIO

O comercio de Santiago amosa a súa cara máis solidaria co proxecto "12 comercios, 12 sensibilidades"

10/01/2024

Unha ducia de comerciantes de Santiago veñen de xuntarse nun novidoso proxecto que ten como obxectivo darlle visibilidade a outras tantas entidades solidarias. Baixo o nome "12 Comercios, 12 Sensibilidades", a iniciativa permitirá tamén favorecer o fluxo de clientela entre pequenos establecementos de diferentes puntos da cidade e dedicados a distintos sectores. O programa conta coa colaboración da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude

Leer más

RURAL

Santiago recibe 900.000 euros do Plan Único da Deputación na súa fase inicial de 2024 para pór en marcha o Pacto polo Rural

09/01/2024

O Concello de Santiago acolleu a presentación do Plan Único, a ferramenta da Deputación da Coruña para o financiamento de obras e servizos públicos dos concellos da provincia. A concelleira do Rural, Pilar Lueiro, e a deputada de Plans provinciais, Cristina García, deron a coñecer o investimento deste inicio de 2024 para Santiago que recibirá máis de 900.000 euros, dos que case a metade estarán destinados ao mantemento e reparación de pavimentos e labores de roza e limpeza nos viarios municipais do rural...

Leer más
Compartir: