ACCIÓN CULTURAL
A Camerata OSG, baixo a dirección de Wladimir Rosinskij, estará este martes nas Xornadas de Música Contemporánea
As Xornadas de Música Contemporánea entran no seu tramo final e clausuraranse este xoves, día 29, pero antes aínda teremos a posibilidade de achegarnos a esta música cunha cita cada día. A deste martes 27 é coa Camerata OSG, dirixida por Wladimir Rosinskij e á que poderemos escoitar ás 20:30 horas no Salón Teatro. A entrada será de balde previa retirada de invitacións no despacho de billetes do Teatro Principal de 18:00 a 21:00 h ou xa no propio Salón Teatro dende unha hora antes de que comece o...
ALCALDÍA
O Concello de Santiago expresa a súa solidariedade cos traballadores do cerco
O alcalde recibiu esta tarde no Pazo de Raxoi os representantes dos mariñeiros do cerco, que están acampados nas inmediacións das instalacións da Xunta, en San Caetano, desde o pasado día 22.
ACCIÓN CULTURAL
"Mediterránea", en proxección simultánea en oito cidades europeas, entre elas Compostela
O vindeiro 11 de novembro celebrarase un evento pioneiro na traxectoria do Premio LUX, que terá como protagonista unha das finalistas do galardón: Mediterránea, de Jonas Carpignano. A película proxectarase de forma simultánea en oito cidades europeas diferentes: Santiago de Compostela (dentro da programación de Cineuropa), Sevilla (durante o Festival de Cine Europeo de Sevilla, SEFF), París (no Forum des Images), Bratislava (no Festival de Bratislava), Cork (durante o Festival de Cork), Lisboa (na sala Cinema City Alvalade) e Bucarest...
TURISMO
A cidade logra en setembro un novo récord de pernoctacións internacionais
Os establecementos hoteleiros da cidade acolleron 89.495 pernoctacións de turistas estranxeiros, a maior cifra mensual rexistrada ata o momento. No mes pasado rexistráronse 161.986 pernoctacións totais, un 7,97% máis que en setembro do ano pasado, situándose nas cifras do Ano Santo 2010.
TURISMO
Santiago de Compostela toma o relevo na organización do Womex 2016
A concelleira de Turismo, Marta Lois, desprazouse a Budapest onde Galicia e Santiago estiveron representadas. O ano que vén a cidade de Compstela volverá encherse de músicas do mundo grazas ao Womex.
XUNTA DE GOBERNO
Comezan os trámites para a elaboración do Pacto Local pola Mobilidade
O documento recollerá as aportacións de axentes sociais de Compostela e de municipios limítrofes.
ALCALDÍA
O Centro Nacional de Formación en materia de rehabilitación empezará a funcionar no próximo curso
O Concello e a Fundación Laboral da Construción explorarán a posibilidade de ampliar as súas liñas de colaboración.
CONVIVENCIA
O Concello decreta o peche cautelar dun local de ocio nocturno do Ensanche
O Concello vén de decretar o peche cautelar do "Metrópolis", un establecemento de ocio nocturno do Ensanche que viña sendo obxecto de numerosas queixas veciñais.
CONVIVENCIA
Segue aberto o prazo para solicitar os pases para vehículos desde San Francisco
As peticións poderanse tramitar ata o 30 de outubro. O 4 de novembro empezarán a funcionar as cámaras lectoras de matrículas de San Francisco e Porta Faxeira, e os bolardos de Casas Reais e San Fiz.
ACCIÓN CULTURAL
Os centros socioculturais vólcanse coa programación familiar nos domingos de novembro
A concellería de Acción Cultural xunta teatro e gastronomía no programa "12 doces de outono".