CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia participa en "Música en Compostela" con dous concertos dedicados á música española
A Real Filharmonía de Galicia participa un ano máis na 61ª edición do Curso Universitario Internacional de Música Española "Música en Compostela" con dous concertos. O primeiro celebrarase este mércores, 8 de agosto, e o segundo o venres día 10. Ambas citas terán lugar no Auditorio de Galicia ás 20:30 horas, baixo a batuta do director asociado da orquestra, o mestre compostelán Maximino Zumalave.
ALCALDÍA
A Alameda acolle unha exposición sobre o arquitecto Alejandro de la Sota
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asistiu esta mañá á inauguración da exposición Alejandro de la Sota 1913-1996, deseñada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en homenaxe ao arquitecto ao que neste ano 2018 se lle dedica o Día das Artes Galegas. A mostra estará ata o vindeiro día 19 na Alameda.
ALCALDÍA
O Concello condena o acto vandálico sufrido por unha estatua do século XII da Catedral compostelá
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, achegouse esta mañá á fachada da Catedral da praza de Praterías para comprobar o estado dunha estatua do século XII que, durante a pasada noite, sufriu un acto vandálico. O rexedor acudiu co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; co deán, Segundo Pérez, e co director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo.
ALCALDÍA
A Secretaría de Estado de Medio Ambiente empraza ao Goberno local a unha nova xuntanza en setembro para viabilizar a depuradora da Silvouta
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, mantiveron esta mañá unha xuntanza en Madrid co secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, na que lle trasladaron o proxecto do Goberno local para a construción da nova depuradora na Silvouta.
CONVIVENCIA
Concha Fernández recibe o presidente da asociación Compostela Monumental, José Ángel Blanco
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández (con competencias ata mediados de agosto en materia de Convivencia), recibiu esta mañá, acompañada do xefe da Policía Local, José Manuel Traba, ao presidente de Compostela Monumental, José Ángel Blanco.
DEPORTE
O Concello inviste máis de 200.000 euros na reforma integral do pavillón do Apóstolo Santiago
A concelleira de Deporte, Noa Morales, visitou esta mañá as obras que se están acometendo no pavillón do CEIP Apóstolo Santiago e nas que o Concello inviste 207.777 euros, IVE incluído. Xunto a ela estivo o arquitecto do proxecto, Alfredo Varela.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobadas as bases da convocatoria de axudas para o deporte federado
A Xunta de Goberno vén de aprobar as bases da convocatoria de subvencións para o deporte federado, ás que se van destinar 250.000 euros.
ACCIÓN CULTURAL
Destacadas personalidades do ámbito cultural europeo convértense en embaixadoras do Wom@rts
Mercedes Peón e Paul Daniel son as figuras propostas polo Auditorio de Galicia para converterse en embaixadora e embaixador do Wom@rts, un proxecto de ámbito europeo liderado polo Auditorio no que participan diversas institucións públicas e privadas de diferentes procedencias e financiado polo Programa Europa Creativa.
FACENDA
As propostas dos Orzamentos Participativos reciben preto de 4.500 apoios
Durante a segunda fase do proceso de Orzamentos Participativos de 2018, que rematou o pasado 27 de xullo. contabilizáronse 4.447 apoios. Nesta fase, que se estendeu do 11 de xuño ao 27 de xullo, a veciñanza de Compostela puido dar o seu "gústame" ás propostas presentadas na fase inicial, un paso fundamental para que estas poidan chegar, tras a avaliación técnica, á fase final de votación.
RELACIÓNS VECIÑAIS
O Concello destina 100.000 euros para que as asociacións veciñais poidan desenvolver actividades de interese xeral
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda, Mobilidade e Relacións Veciñais, Jorge Duarte, deu conta esta mañá da apertura do prazo para que as asociacións veciñais sen ánimo de lucro de Compostela poidan solicitar as subvencións para desenvolver actividades de interese xeral.