MEDIO RURAL
Martiño Noriega reclama "políticas activas a medio prazo e de prevención" que permitan "a posta en valor do monte"
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega e o concelleiro de Medio Rural e Equilibrio Territorial, Rafael Peña, deron conta dos incendios producidos esta fin de semana no termo municipal. En particular, destacaron o de onte domingo na parroquia de Figueiras, que deixou un balance dunhas 50 hectáreas queimadas.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago adxudica a restauración das reixas das ventás da fachada principal do convento de Santa Clara
O Consorcio de Santiago adxudicou a intervención no enreixado das ventás da fachada principal do convento de Santa Clara á firma Construcciones y Rehabilitaciones Torres Cambre, S.L. A obra, cun prazo de execución estimado de tres meses, ten un orzamento global de 40.931,98 euros.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello solicita a declaración da área de rehabilitación integral de Vite
A Xunta de Goberno acordou solicitar á Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) a declaración da área de rehabilitación integral (ARI) no barrio de Vite. O Concello tamén asume o compromiso de manter unha oficina municipal de rehabilitación con medios suficientes para a xestión e o impulso das actuacións de rehabilitación nese ámbito, así como realizar achegas municipais que se deriven das actuacións de rehabilitación e/ou urbanización.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicadas as obras do novo campo de herba artificial de Conxo
O secretario da Xunta de Goberno, Xan Duro, deu conta da adxudicación pola Xunta de Goberno das obras de reforma integral do campo de fútbol a carón do Psiquiátrico de Conxo, por importe de 246.000 euros máis IVE. Ademais da súa conversión en campo de herba artificial, tamén se adxudicou a remodelación das redes e servizos, neste caso por un prezo de 80.267,77 euros máis IVE. Este proxecto é financiado conxuntamente coa Deputación da Coruña.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local segue considerando "insuficiente" a achega autonómica ao estatuto de capitalidade
A achega de 2,3 millóns da Xunta de Galicia para o financiamento do estatuto de capitalidade segue a ser considerada como "insuficiente" polo Goberno local. Así o indicou o secretario da Xunta de Goberno, Xan Duro, tras aprobar este órgano municipal o texto do convenio a subscribir con este fin entre o Concello de Santiago e a Consellería de Facenda, un día despois de que o mesmo fora ratificado polo Consello da Xunta.
ALCALDÍA
A praza do Obradoiro acolleu unha demostración de fiado de lá
A alcaldesa en funcións, María Rozas, e a concelleira Noa Morales asistiron na praza do obradoiro á presentación de "A Fía da Lá 2015, evento organizado por Cabanas Rural. Asociación de Mulleres.
CONVIVENCIA
A Policía Local realizará controis de alcoholemia e drogas do 10 ao 16 de agosto
A Policía Local de Santiago adhírese a unha nova campaña da Dirección Xeral de Tráfico (DGT), desta vez á de control da taxa de alcohol e da presenza de drogas en condutores. Os controis realizaranse a vindeira semana, entre o 10 e o 16 de agosto.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia participa en "Música en Compostela" cun novo concerto este venres no Auditorio de Galicia
No marco da 58º edición do Curso Universitario Internacional de Música Española Música en Compostela, a Real Filharmonía de Galicia participa cun novo concerto este venres. Será ás 20:30 horas no Auditorio de Galicia, baixo a batuta do director asociado da orquestra, o mestre compostelán Maximino Zumalave. Ademais, contarase coa colaboración do violista nacido en Sri Lanka e de nacionalidade británica Ashan Pillai.
MEDIO AMBIENTE E CONVIVENCIA
Xan Duro: "A prioridade é ter unha depuradora e que supoña os menores custos para os cidadáns de Santiago"
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, explicou que o Goberno municipal espera ter a finais deste mes de agosto toda a información que permita adoptar unha decisión definitiva sobre a futura estación depuradora de augas residuais (EDAR). En calquera caso, dixo, o que xa ten é a opinión, tanto de técnicos municipais como de empresas externas, que aseguran que a situación da EDAR no Souto vai supor un maior custo de mantemento.
ESPAZOS CIDADÁNS E MEDIO AMBIENTE
Novas hortas urbanas para unha rúa Caramoniña agora máis accesible e mellor conectada co seu ámbito
Os concelleiros de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, visitaron as obras de reurbanización da rúa da Caramoniña e do espazo libre anexo. Os traballos, incluídos no programa Urbana Santiago Norte, supuxeron un investimento de 258.419 euros e permitiron mellorar a accesibilidade do barrio da Almáciga na súa vertente sur, e dicir, da súa conexión cos barrios Iimítrofes de San Pedro e de San Roque. Ademais, suprimíronse barreiras arquitectónicas, mellorouse a mobilidade e...