CONSORCIO
Unha exposición reúne 60 fotografías que ilustran a gama de cores de Santiago
O Consorcio de Santiago inaugurou a exposición Gold, green and black no soto do Museo das Peregrinacións e de Santiago. A mostra reúne 60 fotografías que ilustran a gama de cores tan característica da cidade compostelá. Son imaxes dos fotógrafos galegos Alberte Peiteavel, Adolfo Enríquez e Tono Arias e da deseñadora Uqui Permui, directora da montaxe. Ao acto de inauguración asistiron, ademais dos autores, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a concelleira de Cultura, María Antón.
CULTURA
Danza coa compañía La Intrusa e concerto de Nikki Hill no programa cultural do mércores
Dentro da programación cultural do Concello de Santiago, este mércores temos danza contemporánea e música de jazz. Ás 21:00 horas, no Teatro Principal, a compañía catalá La Intrusa presenta Best of you, con Virginia García e Damián Muñoz dentro do ciclo Teatro & Danza. E ás 21:30 horas, na Sala Capitol, poderemos escoitar á diva do soul e do blues Nikki Hill nun concerto enmarcado no ciclo Blues Nite by 1906.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia participa nas III Xornadas de Música Contemporánea
No marco das III Xornadas de Música Contemporánea, a Real Filharmonía de Galicia celebra un concerto o xoves 30, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia. Ao día seguinte, venres, a orquestra trasladarase a Vigo, onde actuará no Centro Cultural de Afundación ás 20:30 horas.
ALCALDÍA
O Concello creará un grande itinerario natural polas ribeiras do Sar e do Sarela
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, anunciou que o Concello xa está traballando na creación dun "grande itinerario natural" polas ribeiras dos ríos Sar e Sarela. Así o comunicou durante a visita que esta mañá realizou, na compaña do director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, aos traballos de conservación e mantemento no río Sar que executa esta entidade autonómica.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Outono Fotográfico chega un ano máis aos centros socioculturais de Compostela
A Concellería de Centros Socioculturais colabora un ano máis co Outono Fotográfico en Santiago de Compostela. O festival, promovido pola Fundación Benito Losada, cumpre a súa XXXII edición, con presenza nos locais socioculturais da cidade ata finais deste 2014.
CULTURA E EDUCACIÓN
O 31 de outubro remata o prazo de inscrición na segunda edición do programa pedagóxico para escolares "Aula de Patrimonio"
O venres 31 de outubro remata o prazo para que os centros escolares das 15 cidades Patrimonio da Humanidade de España envíen a solicitude de participación na segunda edición do programa pedagóxico Aula de Patrimonio. O obxectivo desta actividade, na que participaron preto de 400 alumnos na súa anterior edición, é que os mozos que viven e estudan nas Cidades Patrimonio aprendan a coñecer e valorar non só a súa propia cidade, senón o resto de cidades que ostentan o mesmo título outorgado pola...
SERVIZOS SOCIAIS
Gabriel Tizón impartiu en Compostela unha clase maxistral de fotografía social
As clases maxistrais de fotografía social impartidas por Gabriel Tizón e promovidas polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade nos seus concellos socios chegaron a Santiago de Compostela. O IES Xelmírez I acolleu esta actividade organizada en colaboración coa administración local. A proposta encádrase na segunda edición do concurso Imaxes con Fondo, coa idea de promover a participación e reflexionar sobre o contido das imaxes e o mundo que constrúen.
DEPORTES
A Carreira Pedestre reuniu case 6.000 corredores nas rúas compostelás
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou na XXXVII Carreira Pedestre Popular, organizada polo Grupo Correo Gallego. Ao remate entregou os premios xunto coa concelleira de Deportes, María Corral.
SEGURIDADE E MOBILIDADE
Sesenta voluntarios de Protección Civil colaboraron na Carreira Pedestre
Ata 60 voluntarios de Protección Civil colaborou no dispositivo de seguridade e de mobilidade posto en marcha con motivo da XXXVII Carreira Pedestre Popular, celebrada este domingo 26.
ALCALDÍA
Encontro do alcalde co ministro de Recursos Humanos de Hungría, Zoltán Balog
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibiu o ministro de Recursos Humanos de Hungría, Zoltán Balog.