LINGUA

Os Premios Manuel Beiras chegan á súa XXIV edición "En galego, naturalmente"

28/11/2023

"En galego, naturalmente" é o lema co que se presenta este ano os 'Premios Manuel Beiras ao uso do galego na empresa e o comercio', convocados polo Concello de Santiago e a Cámara de Comercio. O slogan da campaña pretende pór en valor o uso da lingua galega nos establecementos locais como unha maneira de conectar coa clientela e achegar naturalidade e proximidade nun mercado cada vez máis global. O 18 de decembro a partir das 20.00 horas, o Teatro Principal acollerá a gala de entrega de premios ás empresas seleccionadas polo...

Leer más

CAPITAL CULTURAL

Vinte cantantes de sete países competirán esta fin de semana polos galardóns do VI Concurso de Canto Compostela Lírica organizado por Amigos da Ópera de Santiago

28/11/2023

Solistas procedentes de España, Chile, China, Letonia, México, Italia e Polonia aspiran a facerse co primeiro premio, dotado con 4000 euros, cunha actuación remunerada coa Real Filharmonía, un recital remunerado no marco do Festival Les Musicales du Luberon e un rol na temporada da Ópera de Oviedo. O Auditorio de Galicia acollerá a semifinal o venres ás 17.00 horas e dela sairán os oito finalistas que actuarán na final do sábado a partir das 20.30 horas. Ambas as dúas citas serán abertas ao público e a...

Leer más

COMERCIO E XUVENTUDE

Son Xove e Son Vermú: a música será protagonista do Nadal na praza Roxa

28/11/2023

Dinamizar o comercio, ofrecer alternativas de ocio á veciñanza, e poñer en valor o talento da mocidade de Compostela. Son os obxectivos das actividades de Nadal organizadas desde a Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude. A concelleira, María Rozas, explicou que "o Ensanche estará todo o mes de decembro cheo de actividades novidosas, pensadas para todos os públicos, e centralizadas na Praza Roxa, que será un dos puntos neurálxicos das festas".

Leer más

DEPORTES

O Concello únese ao Plan Dous Millóns do Clúster do Deporte

28/11/2023

A alcaldesa de Santiago asinou un acordo de colaboración co Clúster Galego da Industria do Deporte e do Benestar para formar parte do Movemento Dous Millóns, que busca incentivar a práctica da actividade física entre a cidadanía co reto de chegar aos dous millóns de persoas que fan deporte en Galicia.

Leer más

DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS

Constituído o Consello Municipal de Cooperación e Solidariedade

28/11/2023

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presidiu onte a xuntanza na que quedou constituído o Consello Municipal de Cooperación e Solidariedade. O Consello, que non se reunía desde 2019, é un órgano consultivo de participación cidadá para a análise, asesoramento e seguimento das accións en materia de cooperación internacional ao desenvolvemento, educación para a cidadanía global e acción humanitaria do Concello de Santiago.

Leer más

CONVIVENCIA

FALA BAIXIÑO

27/11/2023

O Concello de Santiago, en colaboración coas principais asociacións do sector hostaleiro, pon en marcha a campaña 'Fala Baixiño' co obxectivo de mitigar os ruídos que se producen na rúa para favorecer o descanso da veciñanza.

Leer más

FESTAS

Santiago dá a benvida ao Nadal este venres co acendido das luces e un amplo programa de actividades baixo a marca "Compostela, a estrela do Nadal"

27/11/2023

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a primeira tenenta de alcaldesa, María Rozas, avanzaron esta mañá o programa das Festas de Nadal que este ano se presenta baixo a marca "Compostela, a estrela do Nadal", inspirada na simbólica estrela de oito puntas de Santiago. Este novo programa aglutina un amplo abano de actividades para todo os públicos e de diferentes barrios e parroquias baixo unha mesma marca co fin de converter estas festas "nas terceiras de entidade da cidade", tras o Apóstolo e a Ascensión.

Leer más

IGUALDADE

Compostela súmase ás reivindicacións do 25N coa lectura dunha declaración institucional contra a violencia machista

25/11/2023

O Concello de Santiago súmase un ano máis á conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres mañá 25 de novembro, coa lectura por parte dos membros da Corporación dunha declaración institucional na que se condenan "todas as formas de violencia machista" e comprométense a traballar "na súa eliminación de todos os espazos do Concello" con medidas concretas e de xeito coordinado con outras institucións.

Leer más

CAPITAL CULTURAL

O filme 'Enigma de lume' gaña a 37ª edición de Cineuropa

25/11/2023

A primeira longametraxe de Weston Razooli faise co premio do Xurado Oficial á mellor película e Pham Thien An é distinguido como mellor director por Inside the Yellow Cocoon Shell (Bên trong vo kén vàng). Xurado Novo concedeu a O mal non existe (Aku wa sonzai shinai) de Ryusuke Hamaguchi o premio á mellor película e outorgou a Justine Triet o galardón á mellor dirección por ‘Anatomía dunha caída’ (Anatomie d’une chute). O público do festival outorga o premio ex aequo ao mellor filme ás...

Leer más
Compartir: