ALCALDÍA
O alcalde asistiu á inauguración do curso 2014-2015 do Colexio Manuel Peleteiro
O Colexio Manuel Peleteiro celebrou o acto oficial de inauguración do curso académico 2014-2015. O alcalde compostelán, Agustín Hernández, participou no evento.
ALCALDÍA
Reunión de Agustín Hernández coa Asociación de Veciños de San Lázaro
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, continúa coa rolda de contactos coas asociacións veciñais dos barrios e parroquias de Santiago. Desta vez foi a Asociación de Veciños de San Lázaro a que pasou polo Pazo de Raxoi.
ALCALDÍA
O alcalde asistiu á procesión de San Miguel, nas festas do Cruceiro da Coruña
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu á procesión de San Miguel, incluída nos actos festivos patronais do Cruceiro da Coruña.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
O servizo de rozas do Concello leva limpados preto de 350 quilómetros de vieiros das parroquias compostelás
O servizo de rozas do Concello de Santiago leva limpado un total de 348.335 metros lineais (case 348, 5 quilómetros) nos vieiros das parroquias compostelás. Dende o pasado mes de agosto, Este novo servizo é o encargado de realizar a limpeza de marxes e drenaxes de vieiros, de sendeiros fluviais e de parcelas de titularidade municipal.
ALCALDÍA
Agustín Hernández destaca que Compostela Gastronómica puxo en valor o Mercado de Abastos e os cociñeiros de Santiago
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, destacou que a primeira edición de Compostela Gastronómica, Festival da Cociña Galega, logrou poñer en valor tanto o Mercado de Abastos como os cociñeiros e restaurantes da cidade mediante un evento diferenciado, nacido en Santiago e para Santiago, sen repetir modelos alleos.
OFRENDA
Ofrenda a Alfonso II O Casto, personaxe clave na xénese do Camiño de Santiago
A concelleira de Cultura, María Antón, e o alcalde da localidade asturiana de Nava, Emilio Ballesteros, realizaron unha ofrenda floral na estatua de Alfonso II "O Casto" situada na praza de Entrepraciñas.
ALCALDÍA
As rúas e prazas de Compostela acolleron un desfile de vehículos históricos
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu a IV Concentración de Vehículos Históricos Compostela Monumental.
TURISMO
Unha delegación de FEAFES Galicia foi recibida en Raxoi tras realizar o Camiño
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, recibiu en Raxoi unha delegación da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES Galicia), tras realizar por quinto ano consecutivo o Camiño de Santiago. Percorreron a ruta uns 50 peregrinos, entre os que se atopaban persoas con enfermidade mental, monitores e un pequeno grupo de familiares.
ALCALDÍA
O Concello contratará temporalmente 20 persoas en risco de exclusión social
A Xunta de Goberno Local aprobou a aceptación dunha subvención da Xunta de Galicia que permitirá contratar ata 20 persoas en risco de exclusión social. Así o indicou o alcalde, Agustín Hernández, na rolda de prensa para dar conta dos asuntos tratados na sesión ordinaria deste venres.
ALCALDÍA
O Certame MúsicaXove promove por sétimo ano a creatividade musical na xuventude
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, deu conta da aprobación pola Xunta de Goberno das bases que rexerán a nova convocatoria do Certame MúsicaXove’14. O certame, que alcanza a súa sétima edición, segue promovendo, impulsando e canalizando a creatividade musical na xuventude.