IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o último asasinato machista, que deixou este xoves unha vítima en Arroyo de la Luz (Cáceres).
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno dá conta da sinatura de convenios con tres entidades deportivas
A Xunta de Goberno deu conta hoxe da sinatura de tres convenios de colaboración entre o Concello de Santiago e outras tantas entidades deportivas. Os acordos suporán unha achega total de 74.000 euros.
CONVIVENCIA
Sinalizadas zonas avanzadas de espera para ciclistas en 14 pasos de peóns da cidade
Catorce pasos de peóns do centro da cidade contan dende hoxe cunha plataforma avanzada de espera para bicicletas. Trátase dun espazo para uso exclusivo dos ciclistas, que "poderán situarse diante dos coches detidos nos semáforos en vermello, para non vérense afectados por xiros inesperados". O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, explicou que esta nova sinalización "forma parte da aposta do Goberno polo uso da bicicleta, e vénse sumar a outras medidas como a instalación de aparcabicis na zona...
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
A Mesa de Contratación propón que Serunión sexa a adxudicataria do servizo de comedores escolares
A Mesa de Contratación celebrada este xoves acordou, por unanimidade, propoñerlle á Xunta de Goberno que adxudique á empresa Serunión o contrato para a prestación do servizo de comedores escolares e de madrugadores. Así o explicou o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, que sinalou que Serunión conseguiu 8,03 puntos máis que a outra licitadora, Eurest.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
A Valedora do Pobo arquiva os expedientes abertos ao Concello en relación ás persoas sen fogar
A Valedora do Pobo vén de comunicar ao Concello a súa decisión de arquivar todos os expedientes que tiña abertos en relación á situación das persoas sen fogar en Compostela. Eses expedientes referíanse a tres escritos de queixa, que argumentaban que o comportamento destas persoas era contrario á ordenanza municipal de convivencia.
SUSTENTABILIDADE E POLÍTICAS SOCIAIS
Arroupa contratará dúas persoas máis grazas á instalación na cidade dos 33 novos colectores de roupa e calzado
Os concelleiros de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e de Políticas Sociais, Concha Fernández, visitaron esta mañá as instalacións de Arroupa, no Polígono do Tambre. Os edís estiveron acompañados polo director de Cáritas Diocesana en Santiago, José Anuncio Mouriño, e pola xerente de Arroupa, Isabel Fraga.
CONVIVENCIA
O Goberno local mellora a sinalización dos pasos de peóns de Virxe da Cerca
Tal e como tiña anunciado, o Goberno local vén de iniciar os traballos de mellora da sinalización dos pasos de peóns de Virxe da Cerca, de acordo co informe elaborado pola Policía Local sobre a seguridade nos pasos de cebra da cidade.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o último asasinato machista, que deixou este luns unha vítima na Coruña.
ACCIÓN CULTURAL
Regresan as Noites Curtas ao verán compostelán
Os vindeiros xoves 24 e 31 de agosto, regresa o cine de verán ao centro histórico compostelán da man de Curtocircuíto - Festival Internacional de Cine, cunha nova edición das populares Noites Curtas, dúas sesións gratuítas ao aire libre onde se proxectará unha selección especial realizada polos programadores do festival para a ocasión.
ALCALDÍA
O Concello e o Consorcio recuperan o itinerario fluvial "De ponte a ponte polo río Sarela"
O alcalde, Martiño Noriega, e a xerente do Consorcio, Belén Hernández, asinaron este luns o convenio polo que o organismo interadministrativo colaborará co Concello no financiamento da restauración e mellora do itinerario fluvial De ponte a ponte polo río Sarela. A actuación suporá un investimento de 87.397,40 euros, dos que o Consorcio achegará 26.174,73 euros e o Concello 61.222,67 euros.