XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno local aproba as bases das axudas ao fomento do deporte federado

27/05/2024

A Xunta de Goberno Local aprobou as bases da "Convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ao fomento do deporte federado. Ano 2024". A súa finalidade é a promoción das entidades deportivas locais de carácter federado, co obxecto de financiar, en parte, os gastos derivados da súa participación nas competicións deportivas establecidas nos correspondentes calendarios oficiais das federacións autonómicas e nacionais. Estas axudas contan cun orzamento de 330.000 euros, cun...

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

O executivo municipal dá luz verde aos convenios de colaboración con catro entidades sociais por máis de 310.000 euros

27/05/2024

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá cinco convenios de colaboración do Concello de Santiago con catro entidades: Cruz Vermella Española, Cáritas Diocesana, Escola de Tempo Libre de Don Bosco e o Colexio de Avogacía de Santiago, por un importe total de 312.000 euros. Nesta mesma sesión tamén se deu luz verde ao expediente para a realización das obras de pavimentación da rúa das Baleixas en Marrozos, un proxecto ao abeiro do POS+ 2023 da Deputación da Coruña. Destes e outros asuntos tratados en...

Leer más

CONVIVENCIA

A Xunta Local de Seguridade aborda o dispositivo para o Festival "O Son do Camiño" desta fin de semana

27/05/2024

O Pazo de Raxoi acolleu esta mañá a reunión da Xunta Local de Seguridade para coordinar o dispositivo con motivo da celebración do Son do Camiño, festival que se celebrará do 30 de maio ao 1 de xuño en Santiago e ao que está previsto que acudan máis de 40.000 persoas cada día. As administracións implicadas actuarán de forma conxunta con medidas especias que se aplicarán tanto nos controis de acceso e no interior do recinto, como na propia cidade. Tamén se reforzarán os accesos á...

Leer más

MOBILIDADE

O Concello solicítalle á Xunta 29 novas licenzas de taxi e demanda a modificación lexislativa que permita as licenzas temporais

27/05/2024

O Concello pediralle á Xunta de Galicia que permita a creación de 29 novas licenzas de taxi en Santiago, a metade delas para vehículos adaptados, e que impulse a modificación da actual lexislación para que se poidan crear licenzas temporais. Así se recolle no estudo de mobilidade específico que lle será remitido á Consellería de Vivenda e Planificación das Infraestruturas, e que esta mañá foi aprobado pola Xunta de Goberno.

Leer más

CAPITAL CULTURAL

As Xornadas de Música Contemporánea traen a Compostela un ‘caleidoscopio’ de sons e propostas artísticas

27/05/2024

Do 5 ao 20 de xuño, o ciclo retoma a súa cita anual coa música de vangarda dos séculos XX e XXI e o diálogo entre artistas, formacións e creacións contemporáneas. A cidade volve ser escenario para a residencia da Joven Orquesta Nacional de España, que ofrecerá no Auditorio de Galicia 5 concertos na compaña do Ensemble Modern e o Trío Arbós. A programación complétase coas intervencións da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela, o Ensemble Liberdade e a...

Leer más
Compartir: