FESTAS

Música, poesía e natureza na segunda xornada da Festa do Banquete de Conxo

24/05/2024

As celebracións da V edición da Festa do Banquete traerán mañá roteiros para achegarse ao noso patrimonio verde, a Carreira da Orientación, un concerto dos coros e orfeóns de varios barrios e parroquias e a Festa de Poesía que contará coa participación musical de Filloas, AshDiz e C Mirazo e das poetas Sara Porto Puente, Diana Kurich, Branca Trigo e Marta Dacosta. O día grande das festas será o domingo 26 de maio, cunha romaría popular aberta a todo o mundo na que se farán diversas...

Leer más

ALCALDÍA

O Concello aposta pola colaboración con Mercagalicia para converter Santiago nun centro loxístico de referencia na distribución de mercadorías

24/05/2024

A alcaldesa Goretti Sanmartín mantivo un encontro co presidente de Mercasa, José Miñones, e co delegado do Goberno español en Galicia, Pedro Blanco, onde se comprometeron a desenvolver un plan de viabilidade e un plan estratéxico de investimentos de Mercagalicia que permitan converter Santiago de Compostela nun centro loxístico de referencia na distribución de mercadorías no Eixo Atlántico e no noroeste peninsular. No encontro tamén participaron o concelleiro de Economía e Facenda, Manuel César, e o...

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS E XUVENTUDE

O Concello apoia o VI festival Fun Fun Fun "que aspira a convertirse no epicentro lusogalaico da autoedición e a banda deseñada independente"

24/05/2024

O festival de autoedición e banda deseñada independente Fun Fun Fun celebrará a súa sexta edición en Santiago, cun programa no que colabora o Concello de Santiago, a través dos departamentos de Xuventude e Centros Socioculturais. A concelleira María Rozas e o edil Xan Duro presentaron a actividade, xunto con María Gil, Manuel Barreiro e Xaime Lis, como representantes da organización.O evento será no mes de xuño, cunhas xornadas académicas na Facultade de Historia o día 4; e cunha gran festa con...

Leer más

IGUALDADE

Mañá abre o prazo de solicitude de subvencións destinadas ao fomento de actividades a prol da igualdade e da prevención das violencias machistas

24/05/2024

A partir de mañá, 25 de maio, as entidades interesadas terán 15 días naturais para presentar a súa solicitude á convocatoria de subvencións para o fomento de programas e actividades en prol da igualdade efectiva entre mulleres e homes e das persoas do colectivo lésbico, gay, transexual, bisexual, queer e intersexual (LGTBQI), e prevención e loita contra as violencias machistas, durante o ano 2024.

Leer más

EMPREGO

Presentados o estudo hidrolóxico e o inventario do ecosistema fluvial do río Sar ao seu paso polo Banquete de Conxo

24/05/2024

Un cauce que non mudou con respecto ao seu trazado natural, 35 especies de fauna, 21 arbóreas e 48 especies arbustivas e herbáceas. Son datos que "avalan a riqueza natural do ecosistema fluvial do río Sar ao seu paso polo Banquete de Conxo", que aparecen recollidos no estudo hidrolóxico e no inventario de recursos naturais da zona, que hoxe presentou a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas. Ambos informes son o primeiro paso do proxecto de restauración do chamado "Bosque...

Leer más
Compartir: