ALCALDÍA

Homenaxe ao persoal xubilado do Concello de Santiago

19/12/2023

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, agradeceu ao persoal municipal que se xubila este ano os seus anos de traballo ao servizo do Concello e da cidade nun acto no Salón Nobre do Pazo de Raxoi no que estivo presente a Corporación municipal case ao completo.

Leer más

DEPORTES

O campo municipal de Santa Isabel acolle este sábado o I Torneo Solidario de Nadal

19/12/2023

O Club Vista Alegre S.D. coa colaboración do Concello de Santiago pon en marcha o I Torneo Solidario de Nadal de fútbol en varias categorías, co obxectivo de recoller alimentos para as familias máis vulnerables da zona norte de Santiago. Todas aquelas persoas que queiran participar nesta recollida, poden facer as súas achegas de alimentos non percedoiros no Local Social do Clube (rúa Vista Alegre, 85 - 1ºA), no campo de santa Isabel ou no CSC de Vite.

Leer más

XUVENTUDE

Comezan os talleres formativos sobre os Orzamentos Participativos de Xuventude nos IES

19/12/2023

O IES Xelmírez I acolleu esta mañá os primeiros talleres formativos sobre o proceso de Orzamentos Participativos na área de Xuventude, aos que asistiron 300 alumnos e alumnas de 4º da ESO, do ciclo de VideoDJ, e de 1º e 2º de Bacharelato. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude achegouse ao centro para animar aos rapaces e rapazas a participar, achegando primeiro as súas propostas e involucrándose despois na votación. María Rozas incidiu en que "para o Goberno...

Leer más
Compartir: