CAPITAL CULTURAL

O 20 de decembro conmemórase o 116 aniversario da estrea do Himno Galego cun evento no Teatro Principal

18/12/2023

Baixo o título "Cantar a nación. Aniversario da estrea do himno galego", o Teatro Principal acollerá este mércores 20 de decembro ás 20 horas un recital para conmemorar os 116 anos da estrea do Himno Galego no Gran Teatro de Habana. Todas as persoas interesadas, poderán asistir de balde ás actuacións do Coro Crecente, Coral Solfa e Cantigas e Agarimos, nun acto que se pechará coa interprentación do Himno.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba inicialmente o Estudo de Detalle da USC para a construción do Centro de Ciencias da Saúde no Campus Sur

18/12/2023

A Xunta de Goberno local deu luz verde esta mañá á aprobación inicial do Estudo de Detalle da parcela ZEU-25, promovido pola USC en desenvolvemento do Plan Especial do Campus Universitario (PE-8), para a construción do Centro de Ciencias da Saúde no Campus Sur. Tamén se autorizou a recepción das obras do espazo interxeneracional no barrio de Sar e de mellora da accesibilidade en Pontepedriña. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, deu conta destes e outros temas tratados na Xunta de Goberno nunha rolda de prensa no...

Leer más

LINGUA

Limpezas Salgado, Entrelampo e E.nova Enerxía, gañadoras da edición 2023 dos Premios Manuel Beiras

18/12/2023

Limpezas Salgado, Entrelampo e E.nova Enerxía foron as empresas seleccionadas polo xurado na XXIV edición dos Premios Manuel Beiras que este ano se presentou baixo o lema "En galego, naturalmente". Recibiron esta tarde os galardóns nunha gala celebrada no Teatro Principal e presidida pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, e pola presidenta da Cámara de Comercio, María Pais.

Leer más

DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS

O Concello súmase ao Día Internacional das Persoas Migrantes e anuncia actividades de concienciación

18/12/2023

O Concello de Santiago sumouse hoxe á conmemoración do Día Internacional das Persoas Migrantes, que se celebra cada 18 de decembro. Representantes da Corporación municipal e da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas gardaron un minuto de silencio diante do Pazo de Raxoi para esixir o respecto aos dereitos fundamentais e ás liberdades das persoas migrantes. Despois, a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, presentou en rolda de prensa as actividades de concienciación que se levarán a cabo en...

Leer más
Compartir: