CIDADES PATRIMONIO

Goretti Sanmartín participa na Asemblea do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España en Alcalá de Henares

17/11/2023

Alcalá de Henares acolle a celebración de Asemblea do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, coincidindo coa conmemoración do XXV aniversario da declaración da cidade complutense como Patrimonio Mundial Unesco, que se celebra o 2 de decembro. A Asemblea do Grupo, que preside Luís Yeray Gutiérrez, alcalde de San Cristóbal de la Laguna, terá lugar maña sábado 18 de novembro no Salón de Plenos do Concello de Alcalá de Henares e contará coa presenza da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.

Leer más

PARQUES E XARDÍNS

Reabre o parque infantil da Alameda con novos xogos inclusivos

17/11/2023

O concelleiro de Parques e Xardíns, Xesús Domínguez, visitou o espazo infantil da alameda, ubicado xunto ao Campus Sur, para proceder á súa apertura logo da remodelación integral que supuxo a incorporación de novos elementos de xogo e a renovación de pavimento, nunha aposta pola inclusividade.

Leer más

IGUALDADE

Varias deportistas locais protagonizan a segunda parte da campaña municipal 'O teu machismo dá noxo' lanzada con motivo do 25N

17/11/2023

Baixo o lema "NON HAI PRÓRROGA PARA O MACHISMO. O TEU MACHISMO DÁ NOXO", o vídeo da futbolista compostelá Vero Boquete inaugura a segunda fase desta campaña lanzada polo Concello de Santiago con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, que terá lugar o vindeiro 25 de novembro. O obxectivo destas pílulas informativas que serán difundidas a través das redes sociais é convidar á cidadanía a reflexionar sobre os comportamentos e formas de violencia...

Leer más

ACCESIBILIDADE

O Concello de Santiago comeza o proceso de consulta cidadá do Plan de Accesibilidade

17/11/2023

Esta consulta coa cidadanía pretende definir a situación de partida en materia de accesibilidade, así como identificar puntos críticos e posibles actuacións de mellora xeolocalizables. Todas as persoas que desexen participar nesta consulta poderán facelo en liña a través dunha ligazón, vía telefónica e ou a través de WhatsApp ou Telegram.

Leer más

URBANISMO

A instrución do Servizo de Licenzas e Disciplina Urbanística reúne a normativa autonómica e estatal de medidas de seguridade dos locais

17/11/2023

Esta instrución ten por obxecto establecer os criterios que debe seguir o persoal técnico do Servizo de Licenzas e Disciplina Urbanística nos procedementos de inspección que se prevé realizar nos establecementos en que se realicen actividades incluídas no Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público da comunidade autónoma de Galicia, co fin de indicar o alcance das comprobacións que deben efectuarse e dos posibles axustes á normativa vixente que se...

Leer más
Compartir: