LINGUA
Arrinca a II edición do certame "Enreguéifate"
Xa está en marcha unha nova edición do certame de regueifas en vídeo Enreguéifate, no que se poderá participar ata o vindeiro 15 de abril. Trátase dunha das iniciativas incluídas dentro do proxecto Enreguéifate, impulsado polo Concello de Santiago xunto cos de Ames, Carballo e Teo. O obxectivo é que a cidadanía entre en contacto coa improvisación oral en verso, a través da experiencia de regueifar.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Aberta a inscrición no Programa de Conciliación de Semana Santa
A Concellaría de Educación e Cidadanía abriu este martes 6 de marzo o prazo de inscrición e matrícula no Programa Municipal de Conciliación de Semana Santa. A data límite para formalizar a inscrición é o mércores 14 de marzo.
MEDIO AMBIENTE
Máis de dúas toneladas e media de pilas e aparellos recollidas na campaña "Longa vida aos teus residuos electrónicos"
Unha xornada sobre "O papel das cidades na economía circular", celebrada no Cersia, serviu este martes de peche á campaña "Longa vida aos teus residuos electrónicos". O programa, impulsado pola Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia, permitiu xestionar máis dunha tonelada e media de residuos electrónicos e unha tonelada de pilas.
ESPAZOS CIDADÁNS
Aprobadas as bases da convocatoria de subvencións estatais e autonómicas para as ARIS
O Goberno local vén de aprobar as bases reguladoras da convocatoria de subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas das ARIS da Cidade Histórica, Pontepedriña, Vista Alegre e Vite. Trátase das axudas vinculadas ao Plan Estatal de Vivenda, que se achegan a 1,7 millóns de euros.
IGUALDADE
Concepción Arenal presidirá a praza da Universidade durante o mes de marzo
A concelleira de Igualdade, Marta Lois, acudiu esta mañá á colocación da estatua de Concepción Arenal que presidirá a praza da Universidade durante o mes de marzo. A intervención urbana parte da Facultade de Filosofía da USC e enmárcase dentro das actividades do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Santiago acollerá a vindeira xuntanza do Grupo de Educación do Eixo Atlántico
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presidiu hoxe en Vila Nova de Famalicao (Braga) a reunión do Grupo de Educación do Eixo Atlántico. Na reunión decidiuse que Santiago de Compostela acollerá, o vindeiro 20 de marzo, a xuntanza na que os membros da entidade concretarán o funcionamento dos intercambios escolares na Eurorexión.