FACENDA
O Goberno municipal incorpora 25 das propostas dos grupos da oposición ao proxecto de orzamentos
A concelleira de Facenda deu conta hoxe das achegas da oposición que foron incorporadas ao proxecto dos orzamentos municipais para 2016. María Rozas explicou que, despois de dous meses de diálogo, incluíronse no documento 25 propostas dos tres grupos da oposición, e outras 8 foron aceptadas parcialmente. A maioría das achegas incorporadas proceden do PSOE e do BNG, se ben a edil incidiu en que o número de propostas dos grupos foi moi dispar (4 do PP, 31 do PSOE e 10 do BNG).
DEPORTE
O alcalde e a concelleira de Deporte reciben os participantes do Club de Natación Cidade de Santiago no Campionato Galego Alevín
O alcalde, Martiño Noriega, e a concelleira de Deportes, Noa Morales, recibiron esta tarde no Pazo de Raxoi aos 15 membros do Club de Natación Cidade de Santiago que participaron no Campionato Alevín Galego de Natación, celebrado o pasado fin de semana en Santa Isabel.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E TURISMO
Corenta expositores venderán as súas pezas na III Feira de Antigüidades de Santiago
O Palacio de Congresos e Exposición de Galicia acollerá os días 26, 27 e 28 de febreiro a III Feira de Antigüidades de Santiago de Compostela, á que asistirán 40 expositores de España e varios países europeos. O evento foi presentado en rolda de prensa pola concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois.
TURISMO
As pernoctacións medraron un 9,77% no mes de xaneiro en Santiago de Compostela
No mes de xaneiro rexistráronse en Santiago 41.249 pernoctacións, un 9,77% máis que no mesmo mes do ano pasado, segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE). Estas cifras son superiores ao crecemento medio estatal, que foi do 8,2%, apuntando o bo comportamento que está tendo a demanda turística na cidade nos últimos meses.