ACCIÓN CULTURAL
O Entroido de Compostela volve apostar pola participación da veciñanza
A concelleira de Acción Cultural presentou este martes a programación coa que se vai celebrar o Entroido en Compostela, con tres citas clave: o desfile do Meco e o pregón, o sábado 6; o desfile do Martes de Entroido; e a queima do Meco, o mércores 10. Na rolda de prensa, Branca Novoneyra estivo acompañada por membros das dúas comparsas máis antigas de Compostela, Os Conformistas de Conxo e A Ruliña de Laraño, e por José Manuel Méndez, o creador do Meco.
CONVIVENCIA
A Policía Local imparte unha charla sobre seguridade viaria en Down Compostela
No marco do programa Vivimos as mesmas realidades, a Policía Local impartiu este martes unha charla educativa aos mozos e mozas da Fundación Down Compostela. O obxectivo destas sesións é que os alumnos e alumnas aprendan a circular con seguridade.
ALCALDÍA
Visita do alcalde a Salgueiriños para coñecer as principais reivindicacións do barrio
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, visitaron Salgueiriños e reuníronse cos seus veciños.
MOBILIDADE
Celebrada o segunda reunión plenaria do Pacto pola Mobilidade
Este martes celebrouse no Auditorio de Galicia o segundo plenario dentro dos traballos previos á elaboración do Plan de Mobilidade. Esta segunda reunión centrouse no transporte público e tivo como relator principal a Carlos González Lozano, director xeral do Consorcio de Transporte de Asturias. Ademais das súas aportacións, recolléronse as de todos os participantes na xuntanza, para despois incorporalas ao Plan de Mobilidade Urbana Sostible.