ALCALDÍA
O Concello colaborará na celebración do 150º aniversario do nacemento Valle-Inclán
O alcalde, Martiño Noriega, recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi a Xaquín del Valle-Inclán Alsina, neto do dramaturgo de Vilanova de Arousa. O obxectivo do encontro era avanzar na definición das actividades coas que se vai celebrar o 150 aniversario do nacemento do escritor. Na reunión tamén participou a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra.
EQUILIBRIO TERRITORIAL
Avanzan as obras de reparación de fochancas
Na mañá deste luns comezaron as obras de reparación de fochancas na zona norte da cidade, en concreto na vía La Cierva, na rúa Tabaniscas e no Cruceiro da Coruña. O concelleiro de Medio Rural e Equilibrio Territorial deu conta da marcha destes traballos, que comezaron a semana pasada despois de que o Goberno habilitara un procedemento pola vía de emerxencia. Rafael Peña recoñeceu que "as condicións meteorolóxicas seguen sen ser as máis favorables, pero é preciso acometer estas reparacións...
ACCIÓN CULTURAL
Uxía canta a Manuel María no Principal
Uxía canta a Manuel María é un traballo musical sobre poemas de Manuel María realizado por Uxía, voz excepcional da música galega e sensibilidade feita canción. Publicouse un CD resultado da gravación "ao vivo" do concerto celebrado na Casa-Museo do escritor (Outeiro de Rei) o 6 de outubro de 2015, día no que Manuel María cumpriría 86 anos. Agora, poderemos escoitar os temas en directo no Teatro Principal, o luns 22 de febreiro ás 20:30 horas.
CONSORCIO
O actor Luís Tosar interpreta o "Hamlet" de Shostakóvich este xoves coa Real Filharmonía
No seu concerto desta semana, a Real Filharmonía de Galicia réndelle homenaxe ao poeta, dramaturgo e actor inglés William Shakespeare, do que se cumpren 400 anos da súa morte. Será o xoves, 18 de febreiro, no compostelán Auditorio de Galicia, ás 21:00 horas, baixo a batuta do director titular e artístico da RFG, Paul Daniel.
DEPORTE
XADE acorda reauditar as contas dos exercicios 2013 e 2014
O Consello de Administración de XADE mantivo unha xuntanza esta mañá despois de dous anos sen reunirse. A última reunión tivera lugar en febreiro de 2014.
MEDIO AMBIENTE
O Concello explora a posibilidade de ampliar a Vía Verde a Tordoia e Cerceda
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia segue a traballar para facer realidade a Vía Verde Santiago-Ordes, un proxecto do que se empezara a falar en 2008 pero que non chegou a executarse. Hoxe, Xan Duro presidiu no Pazo de Raxoi unha xuntanza cos representantes dos concellos de Oroso, Ordes, Tordoia e Cerceda, co obxectivo de analizar a posibilidade de prolongar o trazado aos dous últimos municipios.