IGUALDADE
Minuto de silencio no Obradoiro pola última vítima da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o último asasinato machista, que deixou este xoves unha vítima en Becerreá (Lugo).
ALCALDÍA
Concentración de repulsa á agresión homófoba acontecida o pasado luns
A praza do Obradoiro acolleu este venres unha concentración en repulsa pola agresión homófoba que tivo lugar este luns e en apoio ás vítimas. O alcalde, Martiño Noriega, e outros membros da Corporación sumáronse ao acto.
DEPORTE
O Pavillón de Santa Isabel acolle este sábado o Campionato Galego de Grupos Show nas categorías xuvenil e cuartetos
O Pavillón Polideportivo de Santa Isabel acollerá este sábado 13 de febrero, a partir das 17:30 horas, o Campionato Galego de Grupos Show, nas modalidades de grupos xuvenís e cuartetos, organizado polo club compostelán Campus Stellae e pola Federación Galega de Patinaxe. Máis de 150 patinadoras e patinadores competirán no torneo.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno acorda ampliar o horario da ORA no contorno da Praza de Abastos
A Xunta de Goberno aprobou hoxe un novo horario para a zona da ORA no contorno da Praza de Abastos, atendendo a unha solicitude da Sociedade Cooperativa do Mercado. A medida aféctalle á zona denominada "de réxime xeral de curta duración", en concreto na praza da Algalia de Abaixo, travesía da Universidade, praza Entrepraciñas, praza de Fonte Seca, praza da Universidade, praza de Mazarelos, arco de Mazarelos e Virxe da Cerca. Nestes ámbitos, o inicio da ORA adiántase dúas horas, quedando de 08:00 a 14:00 e de 16:30 a...
ACCIÓN CULTURAL
"Concerto a dúas bandas" no Auditorio
A Banda Municipal de Música de Santiago, dirixida por Juan Miguel Romero, contará esta semana coa colaboración dos alumnos e alumnas do Conservatorio Profesional de Música e cun solista de excepción, Ximo Vicedo, trombón solista da orquestra da RTVE . A cita é este venres, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia.
TURISMO
Lavacolla supera os 148.000 pasaxeiros en xaneiro, cun crecemento do 16,9%
Segundo os datos que vén de facilitar AENA, o aeroporto compostelán de Lavacolla alcanzou neste mes de xaneiro os 148.246 pasaxeiros, o que supón un crecemento do 16,9% respecto ao mesmo mes do ano anterior.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O concelleiro de Educación e Cidadanía visita algúns dos centros educativos da cidade
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, achegouse esta mañá a tres centros escolares dependentes do Concello dentro do seu plan de visitas aos centros.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Esta fin de semana é a última para disfrutar da pista de xeo da Alameda
Todos e todas os que queiran seguir disfrutando da pista de xeo terán que facelo ata este domingo ás 22 horas xa que será o último día no que estará instalada a Pista de Xeo no paseo central da Alameda.