XUNTA DE GOBERNO
Case 500.000 euros para o novo campo de herba artificial de Conxo
A Xunta de Goberno iniciou o procedemento para contratar dúas obras que permitirán a reforma integral do campo de fútbol a carón do Psiquiátrico de Conxo. Ademais da súa conversión en campo de herba artificial, contémplanse unha remodelación das redes e servizos. Ambas intervencións supoñen un investimento total de 496.850 euros.
XUNTA DE GOBERNO
Hernández afirma que a reurbanización de Carretas permitirá a reconversión dunha rúa con tráfico para integrala na rede peonil do núcleo histórico
O alcalde de Santiago anunciou a adxudicación da obra de reurbanización da rúa Carretas, por un importe de 622.482 euros e un prazo de execución de cinco meses. Segundo explicou Agustín Hernández, esta actuación "vén a darlle resposta a unha vella demanda veciñal encamiñada á peonalización da rúa, permitindo só o acceso a residentes, mercadorías e servizos públicos".
XUNTA DE GOBERNO
A intervención en Santa Clara completará a reurbanización do ámbito da Almáciga
O Goberno local aprobou o proxecto para a mellora do acceso a zonas altas da Almáciga no ámbito de Santa Clara. Esta intervención, explicou o alcalde, Agustín Hernández, "dálle continuidade ao proxecto integral para a mellora desta zona norte da cidade, que ten actualmente en execución o tramo entre Basquiños e A Pastoriza, e en licitación o comprendido entre a praza da Paz e Basquiños".
XUNTA DE GOBERNO
A praza do Matadoiro será obxecto dun proxecto pioneiro en Galicia para o soterramento de instalacións de servizos
A praza do Matadoiro, que será sometida a un proceso de reurbanización unha vez sexa derrubada a Casa da Xuventude, será tamén o lugar onde se acometa un proxecto piloto de soterramento integral de instalacións de servizos. A Xunta de Goberno encomendou ao Consorcio de Santiago a elaboración e posta en marcha deste proxecto.
XUNTA DE GOBERNO
Ábrese o prazo de renovación das concesións de uso das hortas municipais das Fontiñas
Rematado o prazo das concesións das hortas municipais de Fontiñas outorgadas en 2013, a Xunta de Goberno acordou abrir un prazo de dez días hábiles para a presentación de solicitude de renovación destas concesións, do 16 ao 26 de marzo.
ALCALDÍA
O Concello recoñecerá este domingo a traxectoria profesional e humana de Dorinda Pedreira, Esperanza Castro e Ruth Gómez
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, fixo públicos os nomes das tres mulleres que serán homenaxeadas polo Concello de Santiago o vindeiro domingo, 8 de marzo, con motivo da celebración do Día Mundial da Muller: Dorinda Pedreira Santiso, Esperanza Castro García e Ruth Gómez Vázquez.
CULTURA
"Pedro e o lobo", pola Banda Municipal e Fantoches Baj, no ciclo Infantil & Familiar
Este 7 de marzo, ás 18:30 horas, a Banda Municipal presentará no Auditorio de Galicia xunto a compañía de monicreques Fantoches Baj a adaptación en galego do clásico e popular conto Pedro e o lobo, de Serguéi Prokófiev. Será dentro do ciclo Infantil & Familiar e con este concerto a Banda Municipal remata o seu ciclo de inverno e empraza a todo o seu público, para o próximo domingo 22 de marzo, ao primeiro concerto do ciclo de primavera.
CULTURA
Teatro, música e humor na programación cultural para esta fin de semana
A programación cultural para esta fin de semana ofrece música, teatro e humor con eventos de distintos ciclos. Sábado teremos teatro do Bono de Teatro Galego con Psicópata na Zona C e Juntos y separados do ciclo Teatro 2015 no Auditorio Abanca; e cita con Falabaratos, que nos trae ao Teatro Principal o Cómicamente de Alex Clavero, Sara Escudero e David Amor. Domingo, nova función de Psicópata na Zona C e concerto de Eli "Paperboy" Reed Trío na Sala Capitol dentro do ciclo Sons’15.
EDUCACIÓN
Concerto da Banda e do Conxunto de Música Tradicional da Escola Municipal de Música
Este domingo 8 de marzo, ás 13:00 horas, na praza do Toural, terá lugar a primeira entrega do Ciclo de Concertos das Agrupacións Instrumentais da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela, Música na Cidade. Neste concerto, enmarcado nos actos conmemorativos do Día Internacional da Muller, participarán a Banda (integrada por máis de 35 alumnos/as) e o Conxunto de Música Tradicional (formado por 15 músicos).