ALCALDÍA
Hernández destaca que o programa Apego une a 12 concellos para promover o uso habitual do galego dende as idades máis temperás en todos os ámbitos
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, presidiu o acto de sinatura do protocolo de colaboración para a organización do programa Apego, dirixido a fomentar e mellorar a transmisión do galego. Ademais de Santiago, no proxecto participan outros once municipios: A Baña, Carballo, Carnota, Ferrol, Narón, Negreira, Ourense, Pontevedra, Redondela, Rois e Vigo.
ALCALDÍA
O alcalde asistiu á tradicional poxa das uñas no barrio de San Lázaro
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu en San Lázaro á tradicional poxa das uñas, que se enmarca nas festas patronais deste barrio compostelán.
EDUCACIÓN
Unha alumna do CEIP Antonio Fraguas recibe o segundo premio do certame literario "Relatos de Auga Intelixente"
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a concelleira de Educación, Maite Cancelo, acompañados por representantes da empresa Viaqua e do Instituto Antonio Fraguas, entregaron o segundo premio do certame Relatos de Auga Intelixente á alumna de 2º da ESO María Carballido Cerqueiro, que estuda no devandito centro.
ALCALDÍA
Plantación de 300 árbores e arbustos autóctonos no Parque Avilés de Taramancos para celebrar o Día da Árbore
Alumnos e alumnas do IES Arcebispo Xelmírez II (de 1º e 2º da ESO) e do CEIP das Fontiñas (de Educación Infantil e Primaria) celebraron o Día da Árbore. Os escolares realizaron unha plantación de árbores e arbustos autóctonos no Parque Avilés de Taramancos, nas Cancelas.
ALCALDÍA
Entregados no Pazo de Raxoi os premios do concurso de debuxo convocado con motivo dos días da Árbore e da Auga
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, entregou no salón vermello de Raxoi os premios do concurso de debuxo convocado no marco da celebración dos días da Auga e da Árbore. "A auga e as árbores" era o lema deste certame, no que os escolares debían crear motivos relacionados coa importancia da auga e das árbores no equilibrio do noso planeta, especialmente nas zonas verdes de Santiago de Compostela.
CONSORCIO
Arranca "A Escola na Cidade", un ciclo de concertos interpretados por alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, pon en marcha unha nova edición de A Escola na Cidade, un ciclo de concertos interpretados polos alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral do centro, curso de posgrao recoñecido como título propio da Universidade de Santiago. As entradas destas actuacións son gratuítas ata completar aforo.
CONSORCIO
Un equipo experto investiga as humidades do lousado da capela do Cristo de Conxo
O Consorcio de Santiago acomete desde decembro un estudo sobre as importantes humidades que sofre a capela do Cristo da igrexa de Santa María de Conxo. Un equipo da arquitecta e profesora da ETSA de Madrid Soledad García Morales, que integra aos arquitectos galegos Raquel Otero e Hugo Allegue, fará distintas medicións durante un ano aproximadamente en aras de chegar a un diagnóstico certeiro.
CULTURA
Arch Enemy, a mítica banda sueca de death metal, tocará en Santiago o 23 de maio dentro do ciclo Compostela Rock
A banda sueca de death metal Arch Enemy, con Alissa White-Gluz nas voces, visitará Santiago de Compostela, antes da súa parada no Rock Fest, para tocar os seus éxitos e temas de seu último álbum, War eternal, editado en 2014. Neste concerto, unha das citas do ciclo Compostela Rock, estarán acompañados por Unearth e Drone.
CULTURA
O guitarrista Marcus Bonfanti substituirá a The Reverend Peyton’s Big Damn Band no ciclo Blues Nite by 1906
Por cuestión alleas ao Departamento de Cultura e por razóns técnicas, a banda The Reverend Peyton’s Big Damn Band reestruturou a súa xira europea, cancelando as datas previstas no sur de Europa. Polo tanto, non estará na nosa cidade no concerto previsto dentro do ciclo Blues Nite by 1906. Será substituído por Marcus Bonfanti que dará o seu único concerto en España. Será o mesmo día, 28 de maio, ás 21:30 horas, na Sala Capitol, e con entradas ao mesmo prezo: 12 euros anticipada e 15 o día do...