MOBILIDADE
Comezan a aplicarse o 8 de setembro os horarios de inverno no transporte urbano
TUSSA, empresa municipal de xestión do transporte urbano en Santiago, comunica que o luns 8 de setembro producirase o cambio aos horarios de inverno no transporte urbano.
EDUCACIÓN
A concelleira de Educación asistiu á inauguración do curso nas escolas infantís
A concelleira de Educación, María José Corral, asistiu na gardería do Polígono do Tambre á inauguración do curso escolar infantil 2014-2015.
DEPORTES
Santiago será a sede da segunda edición da Marcha unificada de persoas con e sen discapacidade Special Olympics Galicia
Special Olympics Galicia, asociación dedicada á promoción das persoas con discapacidade a través do Deporte e do Ocio, organiza en Santiago a II Marcha unificada de persoas con e sen discapacidade, con motivo da chegada á cidade da Volta Ciclista a España 2014. O Concello colabora con esta actividade, prevista para o domingo 7 de setembro.
CONSORCIO
Aparecen monteas do século XVIII de gran valor histórico-artístico no chan de lousas de pedra da igrexa conventual de Santa Clara
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a concelleira de Cultura e Patrimonio, María Antón, visitaron esta mañá as obras que se están a realizar na igrexa do Convento de Santa Clara. A Oficina Técnica do Consorcio de Santiago está a traballar na restauración da tarima de madeira que cobre o chan do templo, xa que estaba afectada por pudricións e deteriorada en moitas zonas, o que dificultaban o normal deambular. O orzamento das obras ascende a 55.418 euros.
ALCALDÍA
O alcalde buscará o consenso político e cidadán na revisión do Plan Especial
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, expresou o seu desexo de que a revisión do Plan Especial da Cidade Histórica sexa froito do consenso político e cidadán. Nese sentido, agarda recibir a achega dos diferentes axentes da cidade para lograr un documento que garanta a súa presenza no tempo.
ALCALDÍA
Encontro de Agustín Hernández cos representantes veciñais de Fontiñas
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, reuniuse en Raxoi cos representantes da Asociación de Veciños de Fontiñas.
TURISMO
Compostela Gastronómica abre o prazo de inscrición nas súas actividades
Do 18 ao 29 de setembro, Santiago celebra o I Festival da Cociña Galega Compostela Gastronómica, un evento que incluirá un completo programa de actividades para público xeral e profesionais da hostalería. Os interesados en participar en calquera dos obradoiros —de cociña infantil, fotografía gastronómica, fabricación de pan, pastelería, café, algas ou coctelería, entre outros—, encontros con chefs, sesións de cata, degustacións de produtos ou cursos de cultura do viño poden facer...