ALCALDÍA
O Concello encarga un proxecto de mellora do Camiño portugués no termo municipal
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, manifestou que o Concello vai encargar un proxecto de mellora do Camiño portugués no tramo comprendido dentro do termo municipal de Santiago. Así o anunciou durante a visita que realizou esta mañá, acompañado pola directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, a un tramo do Camiño Fisterra-Muxía no que a Axencia está realizando traballos mantemento e conservación.
TURISMO
O Espazo Gastro e as algas, protagonistas da xornada en Compostela Gastronómica
A xornada do xoves en Compostela Gastronómica veu marcada pola apertura do Espazo Gastro no Mercado de Abastos, un espazo no que algúns dos restaurantes que forman a ruta de Menús de Mercado ofrecen creativas propostas en formato tapa e media ración. Os establecementos presentes no Espazo Gastro xoves foron A Quinta da Auga, Garum, Quercus IP, Singulario, Resas, A Charca, O Ferro, O Curro da Parra, Café Candelas e Estrela Galicia. O Espazo Gastro habilitarase tamén o venres e o sábado, para que composteláns e visitantes.../em>
XUVENTUDE
Charla informativa sobre os trámites para obter unha experiencia profesional en Canadá
A Embaixada de Canadá, en colaboración coa Concellería de Xuventude, organiza unha charla para informar os mozos e mozas de Santiago de Compostela sobre os trámites a seguir para obter unha experiencia profesional en Canadá. Celebrarase este venres 26 de setembro, ás 13:00 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche. Entrada libre ata completar aforo.
UMAD
Maxia, cultura urbana e bicicleta para pechar seis meses de actividades de lecer alternativo
Nos últimos seis meses, a Concellería de Servizos Sociais, a través da Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD) veu realizando diversos programas de lecer alternativo dirixidos á mocidade. Este vindeiro fin de semana rematan estas iniciativas con tres actividades abertas a todo o público: unha xornada de maxia, outra de cultura urbana e a segunda entrega das Xornadas da Bicicleta na Mocidade.
TURISMO
Turismo de Santiago amosa a cidade a un grupo de turoperadores irlandeses
Turismo de Santiago amosará a cidade a un grupo de turoperadores irlandeses nunha viaxe organizada conxuntamente con Aer Lingus e a Oficina Española de Turismo en Dublín. O grupo de turoperadores estará en Santiago entre o 25 e o 27 de setembro e poderán coñecer os principais atractivos da cidade para os seus potenciais clientes como a gastronomía, a natureza ou os vínculos culturais entre Irlanda e Galicia.
CULTURA
O festival Curtocircuíto estrea 27 filmes en España na súa sección oficial
Curtocircuíto, Festival Internacional de Curtametraxes, que terá lugar entre o 6 e o 11 de outubro, presentou a súa programación completa, a proxectarse no Teatro Principal e na Zona C. Con vontade internacional e a calidade como máxima, a sección oficial acolle 53 traballos, 27 deles estrea en España, 4 deles estrea mundial en Curtocircuíto. Todos pretenden recoller as tendencias actuais do cinema internacional, a través de dous programas que miden o nivel de exploración formal e narrativa da linguaxe...
PLENO
O Pleno aproba un cambio no Plan Especial do Casco Histórico que permitirá crear un albergue de Proxecto Home en Virxe da Cerca
O Pleno da Corporación, na súa sesión ordinaria de setembro, aprobou por unanimidade unha modificación puntual do Plan Especial do Casco Histórico que fará posible a creación dun albergue de Proxecto Home en Virxe da Cerca. A sesión comezou cun minuto de silencio en lembranza da nena recentemente falecida no barrio de Guadalupe.