CONSORCIO
A Real Filharmonía inicia a temporada con óperas coñecidas polo gran público como "Orfeo e Eurídice" ou "O barbeiro de Sevilla"
A Real Filharmonía de Galicia (RFG) arranca a súa nova temporada de concertos cunha homenaxe á ópera. A cita terá lugar este venres, 19 de setembro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia. Este concerto, que conta coa colaboración da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago, será gratuíto para os abonados previa retirada de invitación. O custo para o resto dos asistentes será de 10 euros.
ALCALDÍA
O Concello ofrece tres parcelas para unha nova escola infantil no barrio do Castiñeiriño
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, anunciou que o Concello de Santiago xa elixiu tres parcelas a fin de poñelas a disposición da Fundación Amancio Ortega para que seleccione aquela na que construirá unha nova escola infantil no barrio do Castiñeiriño, equipamento que se incluirá na rede autonómica da Galiña Azul. Así llo comunicou á conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, na reunión mantida esta mañá en Raxoi.
TURISMO
Área Santiago amosará a súa riqueza gastronómica no Festival da Cociña Galega
O Mercado de Abastos de Santiago acolleu a presentación das actividades de Área Santiago en Compostela Gastronómica, Festival da Cociña Galega, que se desenvolverá na capital de Galicia entre o 19 e o 28 de setembro. Á presentación asistiron os alcaldes de O Pino, Manuel Taboada; Vedra, Carlos Martínez; e Touro, Ignacio Codesido; ademais dos concelleiros de Turismo de Melide, Santos López; Rois, Manuel dos Santos; e Santiago, Reyes Leis. Tamén participaron os cociñeiros Kike Piñeiro, coordinador...
ALCALDÍA
Agustín Hernández participou na apertura do I Congreso Internacional sobre Peregrinacións e Turismo da OMT
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou na cerimonia de apertura do I Congreso Internacional sobre Peregrinacións e Turismo da Organización Mundial de Turismo (OMT), dentro dos actos conmemorativos do VIII centenario da peregrenación de San Francisco de Asís a Compostela (1214-2014). O acto presidiuno o titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
ALCALDÍA
Aberta a exposición que amosa en fotografías a traxectoria de 75 anos da Axencia EFE
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu no Hostal dos Reis Católicos á inauguración da exposición fotográfica sobre o 75º aniversario da Axencia EFE.
CULTURA
Sarabela Teatro presenta "A idade da pavía"
Sarabela Teatro presenta A idade da pavía, obra coa que abre a segunda parte da programación do Bono de Teatro Galego. Será este xoves 18 de setembro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal. As entradas teñen un prezo de 10 euros pero, a través do bono, o prezo queda en 7 euros. Poden adquirirse no despacho de billetes do Teatro Principal, aberto de 18:00 a 21:00 horas ou tamén en entradas.abanca.com ou no 902 434 443.