ALCALDÍA
Agustín Hernández recibiu o embaixador de Brasil, Paulo César e Oliveira de Campos
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibiu en Raxoi o embaixador de Brasil, Paulo César e Oliveira Campos.
ALCALDÍA
As Xornadas de Música Contemporánea fomentarán e difundirán un ano máis as últimas tendencias e a innovación musical
Déronse a coñecer no Museo das Peregrinacións e de Santiago as Xornadas de Música Contemporánea, que se celebran na cidade durante o mes de outubro. Esta renacida iniciativa ten un ano máis o obxectivo de fomentar e difundir as últimas tendencias e a innovación en música contemporánea, segundo apuntou o alcalde, Agustín Hernández, no acto de presentación.
XUVENTUDE
Xuventude pon en marcha outra vez o seu Programa de Intercambio Lingüístico
A Concellería de Xuventude pon en marcha por segundo ano o Programa de Intercambio Lingüístico "Busco parella lingüística". Esta iniciativa pretende facilitar un punto de encontro para que dúas persoas establezan contacto para practicar o uso dunha lingua.
MOBILIDADE
Restricións circulatorias e desvíos do transporte urbano con motivo da chegada a Santiago da Volta Ciclista a España
O vindeiro domingo 14 de setembro remata a Volta Ciclista a España na praza do Obradoiro de Santiago de Compostela. Con tal motivo produciranse unha serie de restricións circulatorias na cidade que afectarán ao percorrido da proba: saída da Cidade da Cultura, avenida Manuel Fraga, Fontes do Sar, rúa Londres, rúa Roma, rúa San Lázaro, rúa da Muíña, rúa Porto de Amio, rúa Mariñeira, rúa Seoane, Amio, avenida de Asturias, rotonda Cruceiro da Coruña, avenida do Cruceiro da...
DEPORTES
Uns 100 nenos e nenas participarán na II Mini BTT-DH Cidade de Santiago
A Granxa do Xesto acollerá este sábado 13 de setembro a II Mini BTT-DH Cidade de Santiago. Uns 100 corredores de idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos participarán nesta proba de descenso en bicicleta, organizada polo Club Ciclista Muebles Compostela e que conta coa colaboración da Concellería de Deportes.
TURISMO
Turismo de Santiago convoca un concurso aberto para elixir un novo slogan de promoción turística da cidade
Turismo de Santiago elixirá un novo slogan para desenvolver as súas accións de promoción da cidade mediante un concurso aberto no que poden participar tanto empresas como persoas físicas. As propostas presentaranse en man na Oficina Central de Turismo de Santiago, na rúa do Vilar 63, de luns a venres, en horario de 09:00 a 14:00 horas. O prazo de presentación das candidaturas remata o 23 de setembro. A proposta gañadora recibirá un premio de 2.000 euros.