ALCALDÍA
Concello e Xunta asinan o convenio que permitirá peonalizar a rúa da Carreira do Conde e integrala no parque da Alameda
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, asinaron esta mañá na Casa do Concello o convenio en virtude da cal se realizarán as obras de reurbanización da rúa da Carreira do Conde. Esta actuación ten un custo de máis de 640.000 euros, dos que 512.000 serán achegados polo departamento autonómico e, o resto, polo Concello.
CULTURA
"Fuenteovejuna", o clásico de Lope de Vega, baixo a mirada dos cataláns Obskené
A compañía catalá Obskené representa este xoves, ás 19:30 horas, Fuenteovejuna, breve tratado das ovellas domésticas. Teatro de rúa en Verán na rúa na praza da Quintana, para todos os públicos, pero especialmente recomendado para nenos e nenas maiores de 10 anos.
CULTURA
Noite Curta presenta as mellores curtas de Curtocircuíto 2013 na praza das Praterías
Noite curta é cine de verán ao aire libre programado e organizado polo Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto. A primeira proxección de curtas será este xoves e presentará os gañadores de Curtocircuíto 2013 na praza das Praterías ás 22:30horas. As proxeccións continuarán os días 14 e 21 de agosto.
ALCALDÍA
Santiago acollerá en setembro Compostela Gastronómica, I Festival da Cociña Galega
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, presentou as liñas mestras de Compostela Gastronómica, primeiro Festival da Cociña Galega. O obxectivo do evento, organizado por Turismo de Santiago, é amosar as posibilidades dos produtos e da restauración de Galicia como atractivos turísticos. Para isto empregarase o Mercado de Abastos como plataforma de promoción xa que, ao mesmo tempo, é o segundo lugar máis visitado de Santiago e un lugar de referencia para os profesionais da gastronomía galegos. O evento...
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia celebra un concerto na Catedral de Santiago
A Real Filharmonía de Galicia (RFG) celebra este xoves un concerto na Catedral de Santiago, ás 21:30 horas. Levará a batuta o director asociado da orquestra, o mestre compostelán Maximino Zumalave.
XUNTA DE GOBERNO
O alcalde anuncia novos proxectos para o ámbito do Urbana Santiago Norte por importe de case 800.000 euros
O alcalde compostelán deu conta dos asuntos tratados na última sesión ordinaria da Xunta de Goberno, celebrada na tarde deste mércores. Unha das cuestións aprobadas foi a redistribución do orzamento do Urbana Santiago Norte, como consecuencia das baixas producidas nalgúns dos proxectos, o que permitirá poñer en marcha novas actuacións neste ámbito, por importe de 787.228 euros.
SEGURIDADE E MOBILIDADE
Voluntarios de Protección Civil acompañaron a 1.000 mozos e mozas dende o Monte do Gozo ata a praza do Obradoiro
Os voluntarios da Asociación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Santiago colaboraron coa Policía Local no acompañamento dende o Monte do Gozo ata a praza do Obradoiro de case 1.000 mozos e mozas da Diocese de Madrid, acompañados polo cardenal - arcebispo Antonio María Rouco Varela. Están en Compostela para conmemorar o 25º aniversario da Xornada Mundial da Xuventude.
DEPORTES
Celebrada en San Lázaro unha nova edición solidaria do Trofeo Manolo Martín
A concelleira de Deportes, María José Corral, asistiu ao XXXI Trofeo Manolo Martín, que disputaron a S.D. Compostela e o Real Madrid C no Estadio Multiúsos de San Lázaro.