DEPORTES
Ábrese o prazo de solicitude de subvencións aos clubs deportivos federados
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicaba onte xoves as bases da convocatoria de subvencións destinadas ao fomento do deporte federado correspondentes ao exercicio 2014. Ábrese así dende hoxe e por un prazo de 20 días naturais (ata o 10 de setembro) o prazo de presentación de solicitudes para unha convocatoria á que o Concello destina un total de 200.000 euros.
XUNTA DE GOBERNO
Santiago contará cun novo estacionamento disuasorio baixo o viaduto de Cornes
A Xunta de Goberno Local aprobou a modificación urbanística que permitirá avanzar na tramitación dun novo estacionamento disuasorio baixo o viaduto de ferrocarril da zona de Cornes – Pontepedriña. O alcalde, Agustín Hernández, anunciou que este aparcadoiro, que xa se vén utilizando de facto por moitos condutores malia a súa falta de acondicionamento, ofrecerá máis de 200 prazas en superficie para vehículos lixeiros e motocicletas.
XUNTA DE GOBERNO
Máis de 500.000 euros para a reforma do campo de fútbol situado a carón do Psiquiátrico de Conxo
O Goberno local aprobou a reforma do campo de fútbol situado a carón do Psiquiátrico de Conxo. A principal intervención nesta área deportiva será a substitución do campo de terra actual por outro de herba artificial. A obra suporá un investimento de 367.000 euros, dos que 200.000 serán achegados pola Deputación Provincial e os 167.000 restantes polo Concello. Esta actuación completarase con outra complementaria por 120.000 euros.
ALCALDÍA
As obras en Basquiños e Pastoriza obrigarán a cortar o subministro de auga en varias rúas durante o martes 26 de agosto
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, aproveitou a rolda de prensa da Xunta de Goberno para comunicar que o martes 26 de agosto, entre as 10:00 e as 22:00 horas, se procederá a realizar un corte no subministro de auga por mor das obras da rúa Basquiños. Este corte afectará a 14 rúas.
MOBILIDADE E DEPORTES
O bus número seis terá parada no Estadio de San Lázaro os días de partido de liga
A partires deste sábado, 23 de agosto, disporase de servizo de autobús ao estadio de San Lázaro para asistir aos partidos da SD Compostela. Concretamente, será a liña 6 Os Tilos - San Lázaro - San Marcos a que incluirá no seu percorrido o estadio de San Lázaro nos días que se celebren partidos de liga.
TURISMO
As pernoctacións nos hoteis de Santiago creceron un 7,53% en xullo
O INE contabilizou no mes de xullo en Santiago 131.548 pernoctacións nos hoteis de Santiago, 9.212 máis que no mesmo mes de 2013, o que representa un crecemento do 7,53%. O aumento de pernoctacións pode considerarse un bo dato para Santiago, especialmente comparándoo co descenso dun 0,2% que tivo a media española no mesmo mes.
CULTURA
"Supergalácticos", teatro cómico cos galegos Código Morsa en Verán na Rúa
Verán na rúa continua enchendo as prazas de Compostela. O luns 25 de agosto, ás 19:30 horas, na praza de San Martiño Pinario, a compañía galega de teatro cómico Código Morsa representará Supergalácticos, un espectáculo de teatro especialmente dirixido a nenos e nenas maiores de 3 anos.