NADAL
A pista de xeo será de balde os días 24 e 31 de decembro
O Concello de Santiago abrirá as portas da pista de xeo de forma gratuíta os días 24 e 31 deste mes de decembro para que todos aqueles que queiran achegarse ata a Alameda poidan disfrutar da pista en dúas datas sinaladas. Será en horario continuo de 10:00 a 19:30 horas.
CONSORCIO
Belén Hernández, nomeada nova xerente do Consorcio de Santiago
O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá Comisión Executiva e Consello de Administración, ambas xuntanzas presididas polo alcalde da cidade e presidente do organismo, Agustín Hernández. Entre os temas abordados na orde do día, nomeouse a Belén Hernández como nova xerente do Consorcio de Santiago.
NADAL
Comeza a actividade "A Fábrica de Agasallos" na Fundación Eugenio Granell, dentro do programa de Nadal do Concello
O martes 23 arranca unha nova actividade no marco do programa que programou o Concello de Santiago para este Nadal. Nesta ocasión desenvolverase na Fundación Eugenio Granell.
ALCALDÍA
O alcalde agradece aos traballadores xubilados o seu traballo en prol da cidade
Chegadas as datas do Nadal e de final do ano, os traballadores municipais xubilados durante o exercicio son recibidos en Raxoi. Así aconteceu un ano máis nun acto celebrado no salón nobre, no que o alcalde e outros membros da Corporación lles entregaron unha placa en recoñecemento ao seu labor durante anos no Concello de Santiago.
ALCALDÍA
Santiago contará nun prazo de seis meses cun Plan Director dos parques e xardíns da cidade
O alcalde de Santiago de Compostela, Agustín Hernández, ven de anunciar hoxe que o Concello, a través do actual contrato de mantemento das zonas verdes, iniciará a redacción dun Plan director dos parques e xardíns de Santiago, que conta cun investimento para a súa redacción de 144.085 euros. O traballo será realizado por un dos arquitectos e paisaxistas de maior prestixio do no país, Iñaki Alday.
SERVIZOS SOCIAIS
O Concello recolle os xoguetes recadados pola empresa Viaqua
A concelleira María Corral presidiu o acto de entrega dos agasallos, que serán distribuídos pola Asociación San Vicente de Paúl.