ALCALDÍA
O alcalde explicoulle aos veciños de Angrois os proxectos en marcha para a parroquia
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, desprazouse ata Angrois para manter unha reunión cos seus veciños. No encontro informounos sobre a tramitación dos novos espazos públicos de lecer e de descanso para peregrinos con que contará a parroquia.
CULTURA
Trinta e dúas funcións de vinte propostas diferentes no ciclo Infantil & Familiar
A concelleira de Cultura, María Antón, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron a programación do ciclo Infantil & Familiar para este último trimestre do ano. En total son 32 funcións de 20 propostas culturais que ofrecen teatro infantil, música clásica e contemporánea, contos musicais, circo, cinema e títeres. No programa participan a Real Filharmonía de Galicia e a Banda Municipal, e algúns eventos están enmarcados noutros ciclos do Departamento de...
ALCALDÍA
O alcalde anima os composteláns e a propia Corporación a sumarse á Carreira Pedestre
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou na presentación da XXXVII Carreira Pedestre, que se celebrará o domingo 26 de outubro nas rúas de Santiago de Compostela.
CULTURA
Ana Belén protagoniza "Kathie y el hipopótamo", de Mario Vargas Llosa
Ana Belén protagoniza a obra Kathie y el hipopótamo, de Mario Vargas Llosa dentro do programa de Teatro & Danza. Será este domingo 12 de outubro, ás 20:00 horas, no Teatro Principal, cando poderemos ver esta obra que chega a Compostela da man de PLATEA, Programa Estatal de Artes Escénicas promovido polo INAEM.
TURISMO
O Mercado de Abastos compostelán acollerá unha exposición fotográfica de Área Santiago
O Mercado de Abastos de Santiago acollerá antes do Nadal unha exposición coas fotografías participantes no concurso que o grupo de promoción turística Área Santiago organizou o pasado verán a través das redes sociais, segundo acordaron os representantes dos 16 concellos do grupo que se reuniron hoxe no Cersia.
CONSORCIO
Reedítase o estudo biográfico "San Francisco de Asís (siglo XIII)", de Emilia Pardo Bazán, publicado en 1882 e inaccesible hoxe en día
Con motivo da conmemoración dos 800 anos da peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela, reeditouse o estudo biográfico San Francisco de Asís (siglo XIII), de Emilia Pardo Bazán, publicado en 1882, posto que na actualidade non se dispón de ningunha edición accesible. O estudo preliminar é de José Manuel González Herrán, catedrático de Literatura Española da Universidade de Santiago e coordinador do Grupo de Investigación "Emilia Pardo Bazán" da USC, ao que...
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago adxudica o servizo de mantemento e reparación dos pavimentos da cidade histórica por 79.134 euros
O Consorcio de Santiago vén de adxudicar a segunda fase do servizo de mantemento e reparación dos pavimentos do recinto intramuros da cidade histórica para este ano, por un importe de 79.134 euros. A empresa Renovatio, Conservación del Patrimonio Artístico, S.L., comezará os traballos o vindeiro luns. A primeira fase, cun presuposto de 48.850,50 euros, executouse entre os meses de xaneiro e marzo.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Novas citas en Compostela Cine Classics
O programa sociocultural Compostela Cine Classics 2014 ten novas citas esta semana, cun faladoiro este xoves 9 e una nova proxección ao día seguinte.
CONSORCIO
Turismo de Santiago acompaña a Real Filharmonía nunha xira de cinco concertos por León, Pamplona, Santander e Burgos
A Real Filharmonía de Galicia (RFG) inicia este mércores unha xira que a levará ao Auditorio de León (8), ao Palacio Baluarte de Pamplona (9 e 10), ao Palacio de Festivais de Santander (11) e ao Fórum Evolución de Burgos (12 de outubro). Turismo de Santiago acompañará a orquestra nesta xira para promocionar Santiago no mercado doméstico.
ALCALDÍA
Agustín Hernández asistiu no Parlamento ao Debate sobre o Estado da Autonomía
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu no Parlamento de Galicia ao Debate sobre o Estado da Autonomía.