DEPORTES
O parque da Alameda acolle este domingo a I Carreira de Obstáculos pola Saúde
A concelleira de Deportes, María José Corral, presentou a I Carreira de Obstáculos pola Saúde, que se celebrará na Alameda o domingo 5 de outubro. O Concello colabora con esta proba, organizada polo Grupo de Saúde Pública da Asociación de Estudantes de Medicina ME.I.GA.
ALCALDÍA
O Centro de Información á Muller de Santiago atendeu máis 1.700 persoas e superou as 9.300 consultas en 2013
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández; a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella; e a directora do Instituto da Muller, Carmen Plaza, visitaron hoxe o Centro de Información á Muller (CIM). O Concello de Santiago inviste máis de 200.000 euros ao ano neste centro, co obxectivo de promover a igualdade nos diferentes ámbitos, como o laboral ou o familiar, previr e loitar contra a violencia de xénero e potenciar a información á muller a través da formación, orientación laboral e profesional.
XUVENTUDE
Novos procesos de selección para os grupos coral, teatral e musical de Compostela Actúa
Compostela Actúa é un programa dirixido a dinamizar as artes escénicas e musicais entre a mocidade de Compostela. Despois dun primeiro ano de moi boa acollida, a iniciativa ábrese novamente para dar a oportunidade a novos participantes. Os castings realizaranse os sábados 4 e 11 de outubro.
CONSORCIO
Un músico coruñés gaña a praza de fagot para o Curso de Especialización Orquestral da Escola de Altos Estudos Musicais
A Escola de Altos Estudos Musicais, con sede en Santiago de Compostela, convocou unha proba extraordinaria para cubrir a praza da especialidade de fagot para o Curso Avanzado de Especialización Orquestral 2014-2015, debido a que quedara deserta na proba realizada no mes de xullo. Este curso está recoñecido como título propio de posgrao pola Universidade de Santiago e diríxese a músicos instrumentistas con titulación superior que teñen como meta adquirir a formación e a experiencia necesarias para integrarse nunha orquestra...
ALCALDÍA
O alcalde recibiu un grupo de alumnos dominicanos do Máster en Deseño Arquitectónico da Universidade da Coruña
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibiu no salón nobre de Raxoi a profesores e alumnos do Máster en Deseño Arquitectónico que a Universidade da Coruña imparte na República Dominicana en colaboración coa Universidade Pontificia deste país.
ALCALDÍA
O alcalde aposta por converter Compostela Gastronómica nunha marca promocional da nosa gastronomía durante todo o ano
"A intención do Concello é converter Compostela Gastromómica nunha marca que sirva para promocionar a nosa gastronomía durante todo o ano, fomentando a desestacionalización da demanda e aumentando o gasto medio dos visitantes". Así o anunciou o alcalde, Agustín Hernández, nunha rolda de prensa para facer balance da primeira edición do certame, celebrada do 19 ao 28 de setembro.
CONSORCIO
O Museo das Peregrinacións celebrará todas as fins de semana ata decembro obradoiros didácticos para nenos de 6 a 12 anos
O Consorcio de Santiago vai celebrar no Museo das Peregrinacións e de Santiago (sede Praza das Praterías) un total de 36 obradoiros didácticos para nenos, todas as fins de semana dende outubro ata mediados do mes de decembro. Esta iniciativa diríxese a rapaces de entre 6 e 12 anos. Ten como obxectivo achegar a historia de Compostela aos máis pequenos, mediante experiencias lúdicas e enriquecedoras artelladas en torno a unha serie de propostas diferentes.
ALCALDÍA
Agustín Hernández agradece á Policía Nacional a súa contribución a facer de Santiago unha cidade segura
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, clausurou no Auditorio de Galicia os actos con motivo da festividade dos Santos Anxos Custodios, patrón do Corpo Nacional de Policía. Previamente, os concelleiros de Mobilidade, Alejandro Sánchez-Brunete, e de Réxime Interior, Manuel Martínez, asistiran ao acto litúrxico celebrado na Catedral.
CONSORCIO
Xornada de portas abertas na igrexa conventual de Santa Clara para coñecer as monteas descubertas no chan do templo
O Consorcio de Santiago vai celebrar este venres, ás 20:00 horas, unha xornada de portas abertas na igrexa conventual de Santa Clara para dar as coñecer as monteas do século XVIII descubertas no pavimento do templo. Trátase de debuxos a tamaño natural realizados pola cuadrilla que no seu día traballou na construción do edificio e que servían como guía aos canteiros á hora de tallar cada pedra. Contarase coa asistencia da concelleira de Cultura e Patrimonio, María Antón.
CULTURA
Os canadenses Holy Fuck protagonizan o TriCiclo 6 dentro do Compostela Rock
Os canadenses Holy Fuck, posuidores dun dos mellores directos do panorama alternativo internacional, chegan este venres á Sala Capitol de Santiago de Compostela para participar na sexta edición do TriCiclo, dentro do ciclo Compostela Rock. No concerto, que abrirá as súas portas ás 20:30 horas, terán o apoio visual dos galegos Theremin Tourette, actuais gañadores do FIMG 2014 (Festival Internacional de Mapping de Xirona).