COMERCIO
Noite de descontos e agasallos no Centro Comercial As Cancelas
A concelleira de Comercio, Reyes Leis, asistiu á rolda de prensa de presentación da II Fashion Night, que se celebrará este venres 17 de outubro, de 20:00 a 24:00 horas, no Centro Comercial As Cancelas. Haberá un servizo de autobús gratuíto dende a praza de Galicia entre as seis da tarde e a unha da madrugada.
ALCALDÍA
O Concello acomete unha rebaixa xeral de impostos para os composteláns
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, anunciou a posta en marcha dun plan de modificación das ordenanzas fiscais municipais, co obxectivo de introducir un plan de rebaixa xeneralizada de impostos aos cidadáns de Santiago de Compostela. Así se aprobou nunha sesión extraordinaria da Xunta de Goberno, tras a cal compareceron o rexedor e o concelleiro de Facenda, Ramón Quiroga.
TURISMO
O 2014 xa é o mellor ano da historia do aeroporto de Santiago en pasaxeiros en conexións internacionais
O aeroporto de Santiago xa superou en setembro o seu máximo histórico de pasaxeiros nas súas conexións internacionais regulares, que se alcanzou o ano pasado con 350.579. Entre xaneiro e setembro, as conexións internacionais do aeroporto moveron 362.364 pasaxeiros, un 32,10% máis que no mesmo período do ano anterior.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Nova edición das Xornadas Micolóxicas no Centro Sociocultural de Conxo
O Centro Sociocultural de Conxo, en colaboración coa Asociación Micolóxica Pan de Raposo ten preparada para esta fin de semana unha interesante actividade estacional orientada á información e divulgación das propiedades dos cogomelos, da súa recollida e do tratamento da súa posible toxicidade. A participación nestas Xornadas é de balde.
CULTURA
Teresa Nieto, Premio Nacional de Danza, presenta "Petit Comité" en Compostela dentro do ciclo Teatro & Danza
O programa Teatro & Danza 2014 ofrece neste mes de outubro dous espectáculos de danza contemporánea: Petit Comité, de Teresa Nieto en Compañía, este mércores, e Best of you, da compañía catalá La Intrusa, o 29 de outubro.
CONSORCIO
Moi boa acollida á Real Filharmonía de Galicia na súa xira de concertos por León, Pamplona, Santander e Burgos
A Real Filharmonía de Galicia (RFG) realizou a semana pasada unha xira que a levou polas cidades de León, Pamplona, Santander e Burgos. A orquestra ofreceu un total de cinco concertos no Auditorio Cidade de León, no Palacio Baluarte de Pamplona (dúas actuacións), no Palacio de Festivais de Cantabria (en Santander) e no Fórum Evolución de Burgos.
CULTURA
"Ukelele Kit Project": intervención artística, música e vídeo arredor do ukelele
A concelleira de Cultura, María Antón, inaugura este mércores a mostra ‘Ukelele Kit Project’, unha exposición colectiva e multidisciplinar na que participan preto de 30 creadores galegos ou vencellados a Galicia e que xira arredor do ukelele. Será ás 20:00 horas na Zona C e a concelleira estará acompañada pola comisaria da mostra, Matilde Rodríguez.