CENTROS SOCIOCULTURAIS
Volve o programa Compostela Cine Classics con dez novos filmes, coloquios, obradoiros, música e unha exposición para a lembranza
O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, presentou a segunda edición de Compostela Cine Classics. Tras o éxito da primeira convocatoria de 2012, este proxecto busca agora a súa consolidación como un referente na programación sociocultural da cidade. Proxectaranse dez novos filmes clásicos, pero tamén haberá coloquios, obradoiros, música, faladoiros e unha exposición.
ALCALDÍA
Comezan as celebracións do XX aniversario do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España
Arrancaron as celebracións do XX aniversario do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España coa colocación nas fachadas dos concellos e noutros lugares patrimoniais de bandeirolas conmemorativas cos nomes e fotografías das 13 cidades españolas declaradas pola UNESCO Patrimonio Mundial. En Santiago, o alcalde compostelán, Ángel Currás, presidiu o acto de colocación da bandeirola, que loce xa no balcón do Pazo de Bendaña, na praza do Toural. Participou tamén a concelleira de Turismo, Reyes Leis.
DEPORTES
O I Mini DH Cidade de Santiago achega o descenso en bicicleta aos máis pequenos
A Granxa do Xesto acollerá o sábado 7 de setembro o I Mini DH Cidade de Santiago. Uns 80 corredores de idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos participarán nesta proba de descenso en bicicleta, organizada polo Club Ciclista Santiago DH e que conta coa colaboración do Departamento Municipal de Deportes.
ECONOMÍA
O edificio municipal Cersia acolle o obradoiro "Dirixir con eficacia"
A Concellería de Economía, dentro do programa Santiago Investors Support para fomentar o tecido empresarial e a cultura emprendedora da cidade, organiza o obradoiro "Dirixir con eficacia", dirixido a persoas emprendedoras, traballadores en activo do tecido empresarial de Santiago, persoas desempregadas e estudantes.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica a xestión das escolas infantís de Conxo e Fontiñas
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, adxudicou a xestión das escolas infantís municipais de Conxo e Fontiñas. Ademais, abriuse o procedemento para contratar ao mantemento do túnel do Hórreo.
XUVENTUDE
A Concellería de Xuventude informa sobre o seu programa de intercambio lingüístico aos novos estudantes estranxeiros da USC
A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, participou no acto de benvida aos estudantes estranxeiros que se incorporan este curso á USC, organizado na Facultade de Xeografía e Historia pola Vicerreitoría de Relacións Exteriores e Internacionalización. Grazas a un stand instalado na Facultade de Xeografía e Historia, o Departamento de Xuventude informou a estes novos alumnos sobre o programa de intercambio lingüístico Busco parella…lingüística, posto en marcha polo Concello en colaboración coa USC.