COMERCIO
Xornadas de portas abertas na pista de xeo
O Concello fai posible a celebración de varias xornadas de portas abertas na pista de xeo da Alameda, co fin de que todos os composteláns poidan gozar desta actividade durante o Nadal. Así, a pista será de acceso libre durante todo o día nas xornadas do 31 de decembro e do 1 e 13 de xaneiro. Tamén serán de portas abertas as mañás dos días 25 de decembro e 6 de xaneiro.
PLENO
Unha modificación puntual no PXOM permitirá graduar as obras autorizadas nos inmobles fóra de ordenación
O Pleno da Corporación, na súa sesión ordinaria de decembro, aprobou a modificación puntual da normativa urbanística do Plan Xeral de Ordenación Municipal aplicable ás situacións fóra de ordenación. Supón o cambio dos artigos 109 e 124 e do capítulo IX do devandito PXOM.
MEDIO RURAL
O Concello acometerá o asfaltado de 37 pistas en 17 parroquias do rural
O alcalde compostelán, Ángel Currás, anunciou unha nova fase de obras no rural. Trátase dun investimento de máis de 700.000 euros en obras de asfaltado en 37 pistas de 17 parroquias, ás que se unen outras tamén de mellora da calzada na Barciela, Verdía e Conxo, e unha de substitución da rede de abastecemento de Bornais. Acompañaron ao rexedor nesta rolda de prensa os concelleiros de Urbanismo, María Pardo, e os concelleiros encargados do seguimento do Medio Rural, Luis Meijide e José Rosende.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Curso sobre coidado de persoas maiores no Local Sociocultural da Gracia
A Concellería de Centros Socioculturais organiza, en colaboración coa Cruz Vermella de Santiago, un curso dirixido a mellorar as habilidades dos coidadores de persoas maiores no fogar. As sesións formativas desenvolveranse no Local Sociocultural da Gracia os mércores 29 de xaneiro e 5, 12 e 19 de febreiro, en horario de 19:00 a 21:00 horas.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Continúan as actividades de "Vive o Nadal"
Este luns 23 de decembro celebrouse a primeira xornada do programa de tempo libre matinal Mañás de Nadal nos centros socioculturais de Conxo, Santa Marta, A Gracia e Figueiras, no que participan 82 rapaces, que gozarán dun variado programa de actividades durante as vacacións de Nadal.
CULTURA
Caramuxo Teatro presenta "Mensaxe sen botella" no Principal
Unha nova cita de teatro para público infantil e familiar animará estas datas de Nadal. A compañía Caramuxo Teatro fará as delicias dos máis pequenos cunha obra recomendada para nenos a partir dos 5 anos, Mensaxe sen botella. O espectáculo representarase o xoves 26 de decembro, ás 18:30 horas, no Teatro Principal.
XUVENTUDE
Mozos e mozas aprenderon a realizar un menú creativo para estas datas do Nadal
A Concellería de Xuventude organizou o taller de cociña Nadal entre amigos. Mozos e mozas a partir de 16 anos aprenderon nel a realizar un menú creativo acorde coas datas de Nadal co que sorprender aos amigos.