XUVENTUDE
O CSCX do Ensanche acolle a exposición "Dalí e daquí", das novas creadoras María Neira, Ángela Brea e Isabel Pazos
O Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche (rúa Frei Rosendo Salvado 14-16 baixo), acolle do 3 ao 30 de outubro a exposición Dalí e daquí, das artistas María Neira Nogueiras, Ángela Brea Fernández e Isabel Pazos Pose. A Concellería de Xuventude quere, con mostras como esta, dar a coñecer o traballo dos novos creadores da cidade.
ALCALDÍA
Arquitectos dominicanos visitaron o Concello
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu unha delegación de arquitectos da República Dominicana.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobado o proxecto de urbanización do SUNP-11 do Castiñeiriño
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou o proxecto de urbanización do SUNP-11 do Castiñeiriño. Ademais, iniciou a contratación da segunda fase da reurbanización da rúa Raxoi e das obras de estabilización do noiro da rúa de Betanzos.
TURISMO
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España convoca un concurso de fotografía nas súas redes sociais
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España convoca, con motivo da celebración do 20 aniversario da súa creación, a primeira edición dun concurso de fotografía que terá como escenario as súas redes sociais.
RELACIÓNS VECIÑAIS
O Consello de Relacións Veciñais inicia a renovación dos seus representantes
O Consello de Relacións Veciñais celebrado o 30 de setembro de 2013 aprobou o calendario electoral para a elección dos representantes veciñais no devandito órgano para os vindeiros catro anos.