CONVIVENCIA
Un pequeno incendio obrigou a pechar hoxe as oficinas de Tesourería do Concello
Un pequeno incendio rexistrado esta madrugada obrigou a pechar hoxe as oficinas municipais de Tesourería, na rúa Galeras. Por este motivo, o Concello tivo que anular todas as citas de atención tributaria que estaban fixadas para este xoves.
PLENO
A Corporación compostelá reivindica unha Lei Galega de Identidade de Xénero
A Corporación compostelá aprobou hoxe unha declaración institucional, na que mostra o seu apoio á aprobación dunha norma legal que regule a identidade de xénero en Galicia.
MEDIO AMBIENTE
O CIAC organiza as xornadas "Auga en Compostela" en colaboración con Viaqua
Nas tardes de venres deste mes de marzo, o Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIÇAC), en Belvís, propón un achegamento a coñecer de preto o ciclo da auga en Santiago. Será nunhas xornadas en colaboración con Viaqua que levan por titulo "Auga en Compostela".
CONSORCIO
Un violonchelo de 1710 soará no concerto deste xoves da Real Filharmonía de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia celebra o seu concerto semanal de abono este xoves, 16 de marzo, na súa sede, o Auditorio de Galicia. A cita terá lugar ás 20:30 horas, baixo a batuta do director titular e artístico da agrupación, Paul Daniel.
FACENDA
Bota a andar a oficina impulsada por Facenda para solucionar dúbidas coa regularización catastral
O vindeiro luns, 20 de marzo, comeza a operar a oficina de atención especializada que a Concellería de Facenda vén de poñer en marcha para atender as dúbidas xeradas nas e nos contribuíntes en relación á regularización catastral.
ALCALDÍA
Concello e Deputación da Coruña colaboran no financiamento das actividades culturais do Auditorio de Galicia
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, asinaron este mércores o convenio de colaboración para o financiamento das actividades culturais do Auditorio de Galicia. O acordo supón unha achega provincial de 180.000 euros.
TURISMO
O Grupo Cidades Patrimonio participa en Florencia nunhas xornadas de traballo sobre modelos de xestión turística
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, participou estes días nunhas xornadas de traballo organizadas pola Comisión de Turismo do Grupo Cidades Patrimonio e o Concello de Florencia. Xunto a ela tamén participaron a presidenta do Grupo e o resto de concelleiros de Turismo.
MEDIO AMBIENTE
O Concello súmase á conmemoración do Día Internacional dos Bosques
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia presentou hoxe as actividades que organiza e nas que colabora o Concello, con motivo do Día Internacional dos Bosques, que se conmemora o 21 de marzo. Foi nunha rolda de prensa na que Xan Duro estivo acompañado por María Pose, coordinadora dos Locais Socioculturais do Rural; Irene Bastino, do Centro de Interpretación Ambiental de Belvís; Jorge Pérez e Luis Incera, de Ferrovial, e Mabel Fraga, directora do Museo de Historia Natural.
ALCALDÍA
O sector hostaleiro reclama que a Xunta tramite a Lei de Espectáculos Públicos, en borrador dende 2013
O alcalde presidiu este mediodía unha nova reunión da mesa de diálogo co sector da hostalería nocturna, convocada co obxectivo de facer seguimento do funcionamento das instrucións aprobadas na anterior xuntanza en relación aos aforos dos locais. O sector mostrouse satisfeito coa súa aplicación, e explicou que non se están rexistrando incidencias salientables ao respecto.
FEIRA
O II Car Outlet Motorocasión porá á venda arredor de 400 vehículos
O recinto feiral de Amio acollerá este venres e a fin de semana a segunda edición do Car Outlet Motorocasión. Salón do Vehículo Usado e de Ocasión, que terá unha extensión de 4.500 metros cadrados. Na presentación do evento estivo a primeira tenente de alcalde, María Rozas, acompañada do director do Salón, José Enrique Elvira.