ALCALDÍA
Compostela acolleu o acto central da celebración do Día Mundial da Cruz Roja e a Media Luna Roja
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asistiu no Palacio de Congresos ao acto de conmemoración do Día Mundial da Cruz Roja e a Media Luna Roja en España. O evento estivo presidido pola Súa Maxestade a Raíña Dona Letizia.
ALCALDÍA E ESPAZOS CIDADÁNS
O alcalde avoga por "un Plan de Xestión reflexionado pola cidadanía e que garanta unha cidade histórica viva e habitada"
O Auditorio de Galicia acolle hoxe a Conferencia Estratéxica do Plan de Xestión, un encontro que servirá para concretar o contido dese documento que complementará o Plan Especial da Cidade Histórica, actualmente en proceso de revisión. A elaboración deste instrumento é un compromiso coa Unesco, en cumprimento das condicións esixidas por ser Santiago Cidade Patrimonio da Humanidade.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Aberta a partir do 15 de maio a inscrición nos obradoiros de verán das escolas infantís municipais de Compostela
As escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños abrirán o martes 15 de maio a inscrición nunha nova edición dos seus obradoiros de verán, que se desenvolverán durante o período de vacacións escolares. Están destinados a nenos e nenas empadroados en Santiago que cursen estudos de 2º ciclo de educación infantil e 1º e 2º de educación primaria, con idades comprendidas entre os 3 e os 8 anos.
CENTROS CÍVICOS
Un acto no CGAC amosa este martes o traballo realizado nun proxecto de recuperación das tradicións a través da cultura musical nas parroquias do rural
O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acolle mañá martes, a partir das 18:15 horas, un acto no que, baixo o título "Recuperando as tradicións a través da música e da arte", se proxectará un documental e se amosará o traballo realizado no marco dun proxecto de achegamento da cultural musical aos usuarios e usuarias dos centros cívicos do rural.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Comezan as representacións da XXIII edición do Certame de Teatro Intercentros
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, asistiu este luns no Teatro Principal á primeira sesión da XXIII edición do Certame de Teatro Intercentros, que se celebra os días 7, 8, 21 e 22 de maio.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, o dunha muller en Castrogonzalo (Zamora).
ALCALDÍA
O alcalde recibe a José Sierra, novo presidente da Cámara de Comercio
O alcalde recibiu hoxe o novo presidente da Cámara de Comercio, na que foi unha primeira toma de contacto dende que José Sierra asumiu o cargo en substitución de Jesús Asorey. Martiño Noriega reiterou o apoio do Concello á entidade cameral "porque para Santiago é importante ter unha Cámara de Comercio dinámica".
FESTAS
Iván Ferreiro e Delaporte abrirán os concertos das festas da Ascensión
Do mércores 9 ao domingo 13 de maio, Santiago celebra as súas festas municipais. En 2018, a praza da Quintana volverá ser un dos principais escenarios dos concertos incluídos no programa da Ascensión, que este ano encetarán Iván Ferreiro e Delaporte. Trátase dun novo concerto dos xurdidos baixo o paraugas de Los40 Stage, e contará tamén coa presenza e a música do DJ e locutor Óscar Martínez. A entrada é de balde ata completar aforo.
ALCALDÍA
Martiño Noriega pídelles aos escolares que "falen galego para mantermos viva a nosa identidade"
Milleiros de rapaces e rapazas percorreron esta mañá as rúas de Santiago, na XVIII edición do Correlingua. O alcalde, Martiño Noriega, participou no acto de peche da carreira, que este ano levaba por lema "A lingua non para".
PATRIMONIO
Últimas semanas para participar no segundo Certame de Creación Audiovisual para Mozos/as
O 1 de xuño rematará o prazo para participar no II Certame de Creación Audiovisual para Mozos/as "A miña cidade é patrimonio de todos", que organiza o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Este programa enmárcase na celebración ao longo deste 2018 do 25 aniversario da constitución do Grupo.