XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno acorda reclamar xudicialmente a nulidade da hipoteca da entreplanta municipal de Xeneral Pardiñas
Xan Duro, concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia e secretario da Xunta de Goberno Local, deu conta dos asuntos tratados nesta, na súa sesión ordinaria dos venres. Así, deu conta do acordo para o inicio de dúas reclamacións xudiciais relacionadas coa entreplanta municipal de Xeneral Pardiñas.
LINGUA
Mariña Abollo, Julia Pérez e Aarón Bello recibiron dos Reis os seus agasallos como gañadores do certame do Correo de Nadal
O Correo do Nadal recolleu durante as pasadas semanas centos e centos de cartas escritas polos nenos e nenas de Santiago dirixidas aos personaxes máxicos que cada ano lles traen os agasallos destas festas. Entre as misivas recibidas, foron escollidas e serán premiadas as de Mariña Abollo (5 anos), Julia Pérez (8 anos) e Aarón Bello (8 anos).
NADAL
O Mercado de Nadal abrirá por última vez no Día de Reis
A programación de Nadal de Compostela achégase ao seu fin coa última xornada da meirande parte das súas actividades. O Mercado de Nadal e o Bosque de Libredón conclúen mañá a súa actividade. Tamén será a derradeira ocasión para gozar da iluminación especial das esculturas da Alameda.
MERCADOS
Sorteo dos bonos-desconto da campaña de Nadal do Mercado de Abastos
A concelleira de Mercados, Noa Morales, asistiu ao sorteo de Nadal organizado pola cooperativa da Praza de Abastos. Representantes de equipos deportivos da cidade coma o Obradoiro CAB, a SD Compostela, o Santiago Futsal ou o Victoria FC feminino foron as mans inocentes neste sorteo da campaña de Nadal, que repartiu uns 10.000 euros en premios.
ALCALDÍA
O alcalde reivindica a figura de Valle-Inclán na ofrenda floral na súa honra
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, asistiron á tradicional ofrenda floral en Boisaca polo pasamento de Ramón María del Valle-Inclán, nesta ocasión cumpríndose 81 anos da súa morte. Á ofrenda asistiron tamén, entre outras personalidades, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; o vicepresidente da Fundación Valle-Inclán, José Juan Durán, e o voceiro municipal do PP, Agustín Hernández.
NADAL
Ilusións, maxia e lendas na chegada dos Reis Magos a Santiago de Compostela
As rúas de Compostela acolleron a tradicional Cabalgata de Reis, que este ano tivo como eixo temático "A maxia das lendas". Melchor, Gaspar e Baltasar chegaron desta vez acompañados de trasgos, fadas e mouras, enchendo de ilusión esta noite máxica para nenos e nenas.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia celebra o seu tradicional concerto da noite de Reis baixo a batuta do director francés Diego Masson
A Real Filharmonía de Galicia celebra, como cada ano por estas datas, o seu tradicional concerto da noite de Reis. A cita será este venres, 5 de xaneiro, ás 21:30 horas no Auditorio de Galicia. O ensaio xeral, que terá lugar o propio venres ás 11:00 horas, estará aberto ao público, que poderá asistir de forma gratuíta.
ACCIÓN CULTURAL E CONVIVENCIA
Os Reis Magos chegan á Estación do Tren ás 17:25 h e percorrerán as principais rúas de Compostela
Os concelleiros de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e de Convivencia, Xan Duro, deron conta esta mañá dos detalles da Cabalgata de Reis, que percorrerá durante a tarde de mañá venres as rúas de Compostela. Nesta edición, o tema principal é "A maxia das lendas" e na comitiva participarán unhas 450 persoas.
POLÍTICAS SOCIAIS
Cinco entidades da cidade traballan a diversidade a través da radio comunitaria
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, presentou esta mañá os detalles do proxecto de radio comunitaria posto en marcha polo Concello a través da UMAD. Na rolda estivo acompañada de Ramón Molina, educador social e promotor do programa, así como por integrantes de Down Compostela e do IES Eduardo Pondal, participantes no proxecto.
NADAL
Última oportunidade para visitar o Belén de San Fiz e a mostra "Pasearte"
A Cabalgata de Reis de Compostela é, sen dúbida, a gran protagonista da programación de Nadal na xornada do venres 5 de xaneiro. Por outra banda, o Belén de San Fiz abre as súas portas por derradeira vez, e tamén chega ao seu fin a mostra Pasearte.