MOCIDADE
Nova edición de "Cociñando coas avoas", na que os mozos e mozas aprenderán a elaborar as sobremesas típicas do Entroido
A Aula de Formación da Praza de Abastos acolleu esta mañá a presentación da segunda edición do obradoiro de cociña para a mocidade "Cociñando coas avoas", que se celebrará este xoves 8 de febreiro de 18:00 a 20:00 horas. As encargadas de impartilo serán as cociñeiras Victoria Bar, Carmen Cabanas e Sara García, cunha ampla experiencia na cociña vinculada á hostalaría.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, que deixou este domingo unha vítima en Granada.
CONVIVENCIA
O Concello activa un dispositivo especial de seguridade ante a previsión de baixas temperaturas
O Concello de Santiago activará esta noite un dispositivo especial de seguridade, ante a previsión de baixas temperaturas e a posibilidade de que a neve chegue ao termo municipal. Para afrontar calquera eventual incidencia, reforzarase o servizo da Policía Local, os Bombeiros e Protección Civil a partir das dez da noite.
CONSORCIO
O recoñecido director francés Pierre Bleuse debuta esta semana en España coa Real Filharmonía de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia ofrece esta semana dous concertos. O primeiro será o xoves 8 de febreiro na súa sede, o compostelán Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas, no marco da súa temporada de abono. O venres, a orquestra desprazarase a Ferrol, onde tocará no Teatro Jofre, tamén ás 20:30 horas, dentro da programación da Sociedade Filharmónica Ferrolá.
ALCALDÍA
O alcalde inaugura a IX edición da Exposición de Camelia da Rocha Vella
Esta mañá quedou inaugurada a Exposición de Camelia da Rocha Vella, que organiza a Asociación Cultural Rocha Forte por noveno ano. Foi cun acto que estivo presidido polo alcalde, Martiño Noriega, e que contou coa actuación do cantautor Manuele de Felisa.
TURISMO
As Cidades Patrimonio da Humanidade, no Salon des Vacances de Bruxelas
As Cidades Patrimonio da Humanidade continúan coas accións de promoción previstas no Plan Operativo 2018 cunha nova campaña internacional para a captación de viaxeiros no Salon des Vacances de Bruxelas, a feira de turismo máis importante de Bélxica.
CENTROS CÍVICOS
O programa "Entendendo a cidade" inicia unha nova etapa de roteiros
O programa Entendendo a cidade abre un novo calendario de roteiros pola cidade ata a Semana Santa. Desta volta faranse percorridos pola historia arquitectónica de Santiago, dende o Románico ao Clasicismo. Os roteiros realizaranse os martes, xoves e sábados, e os mércores haberá charlas sobre cada roteiro nos centos socioculturais de Fontiñas e do Ensanche. As camiñadas estarán guiadas polo historiador e animador sociocultural Eduardo Sánchez Novais. Para participar nestas actividades hai que preinscribirse chamando a...
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno inicia a avaliación do servizo da auga para estudar posibles modelos de xestión
A Xunta de Goberno acordou hoxe designar ao director da Área de Espazos Cidadáns e Urbanismo como interventor técnico do contrato de abastecemento e saneamento da auga de Compostela, ao tempo que modificou a composición da Comisión Técnica para a avaliación do servizo. Trátase dos primeiros pasos para avaliar a situación actual do contrato, de cara a estudar posibles modelos de xestión ao remate da actual concesión, en maio de 2019. Nas próximas semanas tamén se contratarán dúas...
SAÚDE
O Concello súmase ao Día Mundial contra o Cancro iluminando de azul e laranxa o Pazo de Raxoi
O Concello de Santiago súmase á conmemoración do Día Mundial contra o Cancro, tinguindo o Pazo de Raxoi de azul e laranxa. Este 4 de febreiro, o Día Mundial contra o Cancro pon o foco nos millóns de persoas de todo o mundo que teñen que afrontar as desigualdades no acceso a servizos de detección precoz, tratamento e coidados oncolóxicos.
ALCALDÍA E MOBILIDADE
O Pleno debaterá unha moción de solicitude de maior protección penal para peóns e ciclistas
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Mobilidade, Jorge Duarte, recibiron unha representación do colectivo Composcleta, encabezada polo seu presidente, Faustino Gómez. Este entregoulle ao rexedor unha carta na que solicita un acordo plenario para demandar ao Congreso dos Deputados a reforma do Código Penal en materia de tráfico e medidas para unha maior seguridade viaria e protección de peóns e ciclistas.