ALCALDÍA

O Consello Asesor de Condecoracións ratifica a concesión da Medalla de Ouro da cidade ao Colexio de Avogados de Santiago

05/02/2020

O salón verde da Casa do Concello acolleu a constitución do Consello Aesor de Condecoracións. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presidiu o acto de formación deste órgano, do que nesta lexislatura forman parte o concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo, Sindo Guinarte; e os concelleiros José Antonio Constenla, do Partido Popular; Martiño Noriega, de Compostela Aberta, e Navia Rivas, do Bloque Nacionalista Galego, ademais do secretario municipal, José Ramón Alonso.

Leer más

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia interpreta obras de Pärt, Britten e Weill baixo o título "Outros mundos"

05/02/2020

A Real Filharmonía de Galicia ofrece esta semana dous concertos. O primeiro terá lugar este xoves no Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas. O venres, a orquestra desprazarase a Ferrol, onde tocará no Auditorio da cidade, tamén ás 20:30 horas, no marco da colaboración que a RFG mantén coa Sociedade Filharmónica Ferrolá. O mestre Jonathan Webb, principal director convidado da Real Filharmonía de Galicia dende outubro de 2016, dirixirá ambos concertos.

Leer más

IGUALDADE

"Desveladas", novo ciclo de obradoiros para a transformación das mulleres do rural

04/02/2020

"Desveladas" é o título do novo ciclo de obradoiros para mulleres do rural, que dá continuidade ao exitoso programa de igualdade que dende o 2016 se vén desenvolvendo nos centros socioculturais das parroquias de Compostela. Os talleres realizaranse o longo dos meses de febreiro, marzo e abril en Lavacolla, Figueiras, Laraño, Marantes, Busto, Aríns, Marrozos, A Barciela, Cesar e Lamascal. Estas tres últimas parroquias incorpóranse nesta edición.

Leer más

ALCALDÍA

O Concello proponlle á Fundación RIA ubicar a súa sede en Santiago no antigo local da Mancomunidade

04/02/2020

O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, recibiron este martes o fundador e presidente da Fundación RIA, o arquitecto británico David Chipperfield. Esta entidade, que naceu centrada no ámbito do Barbanza e da Ría de Arousa, busca expandir o seu alcance situando a súa sede en Santiago de Compostela. O Concello propúxolle para a mesma o inmoble que no seu día foi a sede da Mancomunidade comarcal, na rúa das Oblatas, a carón do Sarela.

Leer más

ALCALDÍA

Xuntanza coa Unión de Consumidores de Galicia

03/02/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, reuníronse co secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia, Miguel López, e cunha das vogais da entidade, Rocío Arnoso.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

O aparcadoiro de Triacastela proporcionará 39 prazas de estacionamento

03/02/2020

A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria deste luns, aprobou o proxecto de acondicionamento dunha parcela da rúa de Triacastela para convertelo nun estacionamento en superficie. Na sesión tamén se acordou a prórroga do Servizo de Axuda no Fogar e autorizáronse novas actuacións para impulsar a sede electrónica municipal.

Leer más

POLÍTICAS SOCIAIS

O Teatro Principal comeza a acender as súas luces para acoller este 7 de febreiro o II Concerto Benéfico NormalizAutismo

03/02/2020

Artistas como Guadi Galego, Luís Fercán, Yoli Saa, Jorge Casal, Xabier Vizcaíno, Vicky Gastelo ou Adriana Moragues participarán este venres, 7 de xaneiro, no II Concerto Benéfico NormalizAutismo. A recadación deste evento, que se celebrará no Teatro Principal, irá destinada integramente ao desenvolvemento de campañas informativas e de sensibilización para a visualización e mellor comprensión das afeccións que acompañan ao trastorno espectro autista.

Leer más

CONSORCIO

O Consorcio destina 300.000 euros a axudas para mantemento exterior, carpinterías e mellora da eficiencia dos inmobles da cidade histórica

03/02/2020

O Consorcio de Santiago ten en marcha unha nova convocatoria do programa Ter é manter, dirixido ao mantemento e mellora da eficiencia enerxética da envolvente exterior dos edificios da cidade histórica de Santiago, que inclúe ademais as actuacións sobre os elementos especiais de madeira e reixas. O organismo interadministrativo destinará a esta convocatoria un importe global de 300.000 euros. O prazo para solicitar estas axudas remata o vindeiro 2 de marzo.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Os edificios de vivendas de San Ignacio de Loyola incorporarán ascensor e poderán acceder a axudas para a rehabilitación

03/02/2020

A Xunta de Goberno aprobou este martes o estudo de detalle do ámbito das vivendas de San Ignacio de Loyola. Este documento resolve a accesibilidade destes dous edificios de vivendas, mediante a instalación de ascensores e tamén supón a mellora da envolvente dos mesmos. Ademais, grazas a unha ordenanza agora en preparación, a veciñanza poderá acceder a unha convocatoria de axudas para a rehabilitación das súas vivendas.

Leer más
Compartir: